Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ambitos de Aplicación - Entrada e Saída - Estancia e Residencia - Residencia de Carácter Permanente

ÁMBITO DE APLICACIÓN

Aplícase ós nacionais dos Estados membros da Unión Europea (Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, República Eslovaca, Romanía e Suecia) ou doutros Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein), e os nacionais da Confederación Suíza.

Aplicarase tamén, calquera que sexa a súa nacionalidade, ós familiares de cidadán doutro Estado membro da Unión Europea o doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, cando lle acompañen o se reúnan con el, que a continuación se relacionan:

  • Ó seu cónxuxe,  sempre que non teña recaído o acordo ou a declaración de nulidade do vínculo matrimonial, divorcio ou separación legal.
  • Á parella coa que manteña unha unión análoga á conxugal inscrita nun rexistro público establecido a eses efectos nun Estado membro da Unión Europea ou nun Estado parte no Espazo Económico Europeo, que impida a posibilidade de dous rexistros simultáneos en dito Estado, e sempre que non se teña cancelado dita inscrición, o que deberá ser suficientemente acreditado.
  • Ós seus descendentes directos, e ós do seu cónxuxe ou parella rexistrada sempre que non teña recaído o acordo ou a declaración de nulidade do vínculo matrimonial, divorcio ou separación legal, ouse teña cancelado a inscrición rexistral de parella , menores de 21 anos, maiores de dita idade que vivan ó seu cargo, ou incapaces
  • Ós seus ascendentes directos, e ós do seu cónxuxe ou parella rexistrada que vivan ó seu cargo, sempre que non teña recaído o acordo ou a declaración de nulidade do vínculo matrimonial, divorcio ou separación legal, ouse teña cancelado a inscrición rexistral de parella

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625