DEFINICIÓN DE ESTRANXEIRO
Considéranse estranxeiros ós efectos de aplicación da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, ós que carezan de nacionalidade española, sen prexuízo do establecido nas leis especiais e nos Tratados internacionais nos que España sexa parte.
Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea e aqueles os que sexa de aplicación o réxime comunitario rexeranse polas normas que o regulan, séndolles de aplicación dita lei naqueles aspectos que puideran ser máis favorables.
Polo tanto, as persoas estranxeiras que residan en España acóllense a dous réximes distintos: o réxime xeral e o réxime comunitario.
Aplícase ás persoas que carezan de nacionalidade española, excluíndo os nacionais dos Estados membros da Unión Europea e aqueles os que sexa de aplicación o réxime comunitario, así como ó persoal diplomático, representantes de organismos internacionais con sede en España e os seus familiares.
Normativa:
- Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social
- RD 557/2011, de 20 de Abril, polo que se aproba o Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, trala súa reforma pola Lei Orgánica 2/2009
Aplícase ós nacionais dos Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como ós familiares que a continuación se relacionan cando o acompañen ou se reúnan con el:
- Ó seu cónxuxe
- Á parella coa que manteña unha unión análoga á conxugal inscrita nun rexistro público.
- Ós seus descendentes directos, e ós do seu cónxuxe ou parella rexistrada, menores de 21 anos, maiores de dita idade que vivan ó seu cargo, ou incapaces.
- Ós seus ascendentes directos, e ós do seu cónxuxe ou parella rexistrada que vivan ó seu cargo.
Normativa:
- RD 240/2007, de 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e dos outros Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo