Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 539 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   
Concello de Tui
Departamentos
Outros

Empadroamento - DNI - Certificado de Emigrante Retornado - Canxe / Renovación Permisos de Conducción - Certificado de Nacemento, Matrimonio e Defunción - Certificado de Diversidade de Apelidos

CANXE/ RENOVACIÓN DA AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PARA CONDUCIR

  • PERMISOS VÁLIDOS PARA CONDUCIR EN ESPAÑA

Son válidos para conducir en España os permisos expedidos en países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo

Ademais, en determinadas condicións, son tamén válidos para conducir en España os seguintes permisos de condución:

    • Os nacionais doutros países que estean expedidos de conformidade co Anexo 9 da Convención de Xenebra, ou co  Anexo 6 da Convención de Viena, ou que difiran de ditos modelos unicamente na adopción ou supresión de rúbricas non esenciais.
    • Os nacionais doutros países que estean redactados en castelán o vaian acompañados dunha tradución oficial do mesmo.
    • Os internacionais expedidos no estranxeiro de conformidade co  Anexo 10 da Convención de Xenebra, ou de acordo co  modelo de Anexo E da Convención Internacional de París, si se trata de nacións adheridas a este Convenio que no teñan subscrito ou presentado adhesión ó de Xenebra.
    • Os recoñecidos en particulares convenios internacionais  nos que España sexa parte e as condicións que se indican en los mesmos.

Condicións para a súa validez:

A validez dos distintos permisos enumerados anteriormente, estará condicionada a que se atopen dentro do período de vixencia, a que o seu titular teña a idade requirida en España para a obtención do permiso español equivalente e a que non teña transcorrido o prazo de seis meses, como máximo, contados dende que os seus titulares adquiran a súa residencia normal en España.

Transcorrido dicho prazo, os mencionados permisos carecen de validez para conducir en España, e, se seus titulares desexan seguir conducindo, deberán obter permiso español, previa comprobación dos requisitos e superación das probas correspondentes, salvo que, por existir un convenio co país que expediu o permiso, sexa posible o seu canxe polo español equivalente.

  • CANXE
    • Canxe dos permisos de condución expedidos en estados membros da Unión Europea e os pertencentes ao Espazo Económico Europeo

Os permisos de condución expedidos polos Estados membros da Unión Europea e polos Estados Parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo de acordo á normativa comunitaria manterán a súa validez en España, nas condicións en que se expediran no seu lugar de orixe, coa salvedade de que a idade requirida para a condución corresponderá á esixida para obter o permiso español equivalente.

Cando se trate dun permiso de condución non suxeito a un período de vixencia determinado, o seu titular deberá proceder a súa renovación, unha vez transcorridos dous anos dende que estableza a súa residencia normal en España.

  • Documentación necesaria:
  • Solicitude en impreso oficial que se facilitará nas Xefaturas de Tráfico e na páxina web da DGT (www.dgt.es)
  • Acreditación de identidade e residencia:
    • Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte: orixinal en vigor.
    •  Autorización de residencia ou documento de identidade deo seu país ou pasaporte, xunto co Certificado de Inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros para estranxeiros comunitarios: orixinal en vigor.
  • Permiso de condución comunitario:orixinal en vigor e fotocopia
  • Fotografía actualizada: unha orixinal de 32 x 26 mm.
  • Talón foto, que se facilitará nas Xefaturas de Tráfico: cumprimentado e firmado dentro do recadro correspondente.
  • Declaración por escrito de non atoparse privado por resolución xudicial do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores, nin sometido a intervención ou suspensión do que se posúa.
  • Declaración por escrito de non ser titular doutro permiso ou licenza de condución, xa sexa expedido en España ou noutro país comunitario, de igual clase que o solicitado.

    • Canxe dos permisos de condución procedentes de: República Arxelina Demócrática e Popular, República Arxentina, República de Bolivia, República de Bolivia,  República de Chile, República de Colombia (suspendido temporalmente), República de Croacia, República de Ecuador, República de Marrocos, República de Perú, República de República de República de República de República de República de República de República de

Non se canxean os permisos obtidos don data posterior á firma do Convenio respectivo, cando o seu titular obtivera o permiso sendo residente legal en España.

  • Documentación necesaria:
  • Solicitude en impreso oficial que se facilitará nas Xefaturas de Tráfico e na páxina web da DGT (www.dgt.es)
  • Acreditación de identidade e residencia:
    • Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte: orixinal en vigor.
    •  Autorización de residencia para estranxeiros non comunitarios: orixinal en vigor. Tarxeta de residencia en vigor.
  • Informe de aptitude psicofísica emitido por un Centro de recoñecemento de condutores autorizado pola Xefatura Provincial onde se dirixa a solicitude
  • Permiso de condución comunitario:orixinal en vigor e fotocopia
  • Fotografía actualizada: unha orixinal de 32 x 26 mm.
  • Talón foto, que se facilitará nas Xefaturas de Tráfico: cumprimentado e firmado dentro do recadro correspondente.
  • Declaración por escrito de non atoparse privado por resolución xudicial do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores, nin sometido a intervención ou suspensión do que se posúa.
  • Declaración por escrito de non ser titular doutro permiso ou licenza de condución, xa sexa expedido en España ou noutro país comunitario, de igual clase que o solicitado.
    • Canxe dos permisos de condución expedidos en países non comunitarios (Andorra, Corea, Xapón e Suiza)

  • RENOVACIÓN
    • Vixencia

O permiso de condución das  clases BTP, C1,C1+E,C, C+E, D1, D1+E, D, e D+E terán un período de vixencia de cinco anos, mentres o seu titular non cumpra  os sesenta e cinco anos e de tres anos a partir desa idade.

O permiso das clases restantes e a licencia de condución, calquera que sexa a súa clase, terán un período de vixencia de dez anos mentres o seu titular non cumpra os sesenta e cinco anos e de cinco anos a partir desa idade.

O período de vixencia das diversas clases de permiso e licenza de condución sinalado nos apartados anteriores poderá reducirse se, o tempo da súa concesión ou da prórroga da súa vixencia, compróbase que o seu titular padece enfermidade ou deficiencia que, si ben de momento non impide aquela, é susceptible de agravarse.

O permiso ou licenza de condución cuxa vixencia vencera non autoriza ó seu titular a conducir e a súa utilización dará lugar a súa intervención inmediata pola autoridade ou os seus axentes.

A vixencia do permiso e da licenza de condución, ademais, estará condicionada a que o seu titular non teña perdido totalmente a asignación inicial de puntos.

Asimesmo, con independencia do disposto nos apartados anteriores, a vixencia dos permisos e das licenzas de condución estará subordinada a que o seu titular manteña os requisitos esixidos para o seu outorgamento.

    • Requisitos

A vixencia dos permisos ou licenzas de condución será prorrogable, polas Xefaturas Provinciais e Locais de Tráfico, previa solicitude dos interesados e unha vez teñan acreditado que conservan as aptitudes psicofísicas esixidas para obter o permiso ou licenza de que se trate.

A solicitude de prórroga do permiso ou licenza pode presentarse dentro do período de tres meses anterior á data da perda de vixencia da autorización de que se trate. Adiantar a presentación da solicitude non vai supoñer, en ningún caso, perda de días de validez, xa que a prórroga empezarase a contar dende a data en que a autorización que se quere renovar perde vixencia.

A solicitude de prórroga deberá presentarse antes de expirar o periodo de vixencia. Non obstante, o titular do permiso ou licenza cuxa vixencia teña caducado, poderá obter a prórroga, quedando dispensado de realizar as probas de control de coñecemento e as de control de aptitudes e comportamentos.

    • Documentación necesaria
  • Solicitude en impreso oficial que se facilita nas Xefaturas Provinciais e Locais de Tráfico
  • Informe de aptitude psicofísica expedido por un Centro de recoñecemento de condutores autorizado, da provincia onde solicite o trámite, ó que se adherirá unha fotografía actualizada do solicitante.
  • Documento Nacional de Identidade, Pasaporte ou Tarxeta de residencia en vigor
  • Unha fotografía actualizada de 32 x 26 mm. en color, igual á que se adherirá ó Certificado de Aptitude
  • Talón foto, ó que se adherirá a fotografía. Dito talón foto obterase en todas as Xefaturas Provinciais e Locais de Tráfico.
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625