Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 539 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Empadroamento - DNI - Certificado de Emigrante Retornado - Canxe / Renovación Permisos de Conducción - Certificado de Nacemento, Matrimonio e Defunción - Certificado de Diversidade de Apelidos

CERTIFICADO DE EMIGRANTE RETORNADO

A condición de emigrante retornado mantense durante os dous anos inmediatamente posteriores á data do retorno definitivo a España e acredítase mediante un certificado: o Certificado de emigrante retornado.

Este documento é imprescindible para acreditar a condición de emigrante retornado a efectos de solicitar, sempre que reúnan os demais requisitos establecidos en cada caso:

  • a prestación por desemprego de nivel contributivo
  • o subsidio de desemprego para emigrantes retornados
  • a renda activa de inserción
  • outras axudas previstas polas diferentes administracións públicas a favor de retornados
  • CONTIDO

 

O certificado acreditará a condición de emigrante retornado, a data da última saída de España, a data do retorno, o tempo traballado no país estranxeiro, o período de ocupación cotizado, no seu caso, así como que o traballador non ten dereito á prestación por desemprego en dito país.

  • LUGAR DE EXPEDICIÓN

 

O Certificado será expedido nas Áreas ou Dependencias de Traballo e Inmigración das Delegacións ou Subdelegacións do Goberno da súa provincia de residencia.

Na provincia de Pontevedra atopámola no seguinte enderezo:
Dependencia Provincial da Área de Traballo e Inmigración
Avda Cánovas del Castillo nº18 . CP 36202 Vigo
Teléfono 986 989 020
Fax 986 989 044

  • DOCUMENTACIÓN

 

Para obter o certificado, o emigrante retornado deberá acreditar os seguintes extremos:

  • Identidade, mediante pasaporte ou DNI en vigor
  • Nacionalidade española, que deberá ostentar con anterioridade ó retorno, mediante o DNI ou pasaporte en vigor, ou por certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula de españois, expedido polo Consulado correspondente, ou, no seu caso, partida literal de nacemento.
  • Data da última saída de España, mediante a presentación do pasaporte ou calquera outro documento que o xustifique.
  • Datos do retorno a España. O interesado deberá probar a data do seu retorno e país de procedencia, aportando para elo a Baixa Consular. Se non lle é posible presentar este documento, poderá expedirse o certificado cando do resto da documentación se desprenda claramente a data en que o traballador regresou a España e o seu propósito de asentarse definitivamente no noso país (selo de entrada estampado no pasaporte, finalización do contrato de traballo no estranxeiro, certificado de empadroamento en España, etc..)
  • Traballo realizado no estranxeiro, xa sexa por conta propia ou allea, e a duración do mesmo. Debe acreditarse mediante documento orixinais ou fotocopias compulsadas de contratos de traballo, follas salariais ou de cotización á Seguridade Social e/ou certificado de traballo da empresa onde tivera traballado, no que deberá figurar o tempo de prestación de servizos. Os documentos que non teñan carácter oficial, referidos ó traballo realizado deberán vir adverados respecto do seu contido polo Consulado ou Consellería Laboral española no país de procedencia. É conveniente aportar, se se posúen, documento que xustifiquen a data da extinción da relación laboral.

Cando se trate de traballadores procedentes da Unión Europea que pidan o certificado de emigrante retornado a efectos de solicitar as prestacións por desemprego ou as axudas establecidas polas diferentes Administracións Públicas a favor dos retornados, só deberá acreditar a data da súa última saída de España e a data do retorno, e vir sempre provistos do formulario comunitario E-301.

    • Xustificación de que o interesado carece de dereito a prestacións por desemprego no país de emigración. Realizarase mediante declaración xurada ou promesa de este, na que faga constar que desde a data do seu retorno a España non percebe prestación ou subsidio de desemprego a cargo de dito país.
    • Períodos de cotización á Seguridade Social e prestacións por desemprego no estranxeiro. Os emigrantes retornados de países cos que existe Convenio de Seguridade Social en virtude  do cal poidan totalizarse períodos de seguro, de ocupación ou de cotización para o acceso a prestacións por desemprego, deberán acreditar e cumprimentar no certificado os períodos de cotización á Seguridade Social e as prestacións por desemprego, no seu caso, percibidas no estranxeiro.
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625