Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 539 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Empadroamento - DNI - Certificado de Emigrante Retornado - Canxe / Renovación Permisos de Conducción - Certificado de Nacemento, Matrimonio e Defunción - Certificado de Diversidade de Apelidos

DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE (DNI)

O DNI é un documento persoal e intransferible emitido polo Ministerio do Interior. Ten suficiente valor, por si só, para acreditar a identidade e os datos persoais do seu titular que nel se consignen, así como a nacionalidade española do mesmo. Igualmente permite ós españois maiores de idade e que gocen de plena capacidade de obrara a identificación electrónica do seu titular, así como realizar a firma electrónica de documentos, nos termos previstos na Lei 59/2003, de 19 de decembro, de firma electrónica.

Todos os españois terán dereito a que se lles expida o DNI, sendo obrigatoria a súa obtención polos maiores de 14 anos residentes en España e para os de igual idade que, residindo no estranxeiro, se trasladen a España por tempo non inferior a seis meses. Non obstante, poderá obterse antes dos 14 anos, dende a inscrición do menor no Rexistro Civil.

 

  • LUGAR DE EXPEDICIÓN

O cidadán que desexe renovar ou solicitar por primeira vez o seu DNI deberá acudir  a un Equipo de Expedición do DNI. Pode solicitar cita previa no teléfono 902247364 ou por internet en https://www.citapreviadni.es.

No municipio de Tui pódese solicitar na Comisaría da Policía Nacional sita na rúa Párroco Rodríguez Vázquez nº3

  • VALIDEZ

 

Con carácter xeral, o DNI terá un período de validez, a contar dende a data de expedición ou de cada unha das súas renovacións, de:

  • 5 anos, cando o titular non teña cumprido os trinta no momento da expedición ou renovación.
  • 10 anos, cando o titular teña cumprido os trinta e non alcanzara os setenta.
  • Permanente cando o titular cumprira os setenta anos.

 

De forma excepcional, poderase outorgar validez distinta ó DNI nos seguintes supostos de expedición e renovación:

  • Permanente, a persoas maiores de trinta anos que acrediten a condición de gran inválido.
  • Por 1 ano, en casos especiais, como nos supostos en que, por circunstancias alleas ó solicitante non puidera ser presentado algún dos documentos ou nos supostos de variación dos datos que se recollen no DNI.

 

  • DOCUMENTACIÓN
    • Primeira inscrición

 

Para solicitar a expedición do DNI será imprescindible a presenza física da persoa a que se lle vaia a expedir, o abono da taxa legalmente establecida en cada momento e a presentación dos seguintes documentos:

  • Certificación literal de nacemento expedida polo Rexistro Civil correspondente ou, no seu caso, Certificado de inscrición da nacionalidade española, nas que conste que se expide ós efectos da obtención do DNI.
  • Unha fotografía recente en cor.
  • Certificado ou volante de empadroamento do Concello onde o solicitante teña o seu domicilio, expedido con unha antelación máxima de tres meses á data da solicitude do DNI.

 

    • Cidadáns españois residentes no estranxeiro

Os españois que, residindo no estranxeiro, soliciten que lles sexa expedido un DNI deberán aportar , ademais dos mencionados, os seguintes documentos:

  • Certificado de acreditación de residencia, expedido ós efectos de obter o DNI, polo Consulado español onde figura inscrito, no que se faga constar o número de inscrición Consular, país de residencia, localidade, rúa e número onde en dito país estea domiciliado, sempre que o domicilio o sexa no estranxeiro

 

Os titulares de documentos expedidos con domicilio no estranxeiro tan pronto trasladen a súa residencia a España, aínda cando se trate de expedicións con validez permanente, deberán renovar dito documento a efectos de actualización de domicilio.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625