Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Empadroamento - DNI - Certificado de Emigrante Retornado - Canxe / Renovación Permisos de Conducción - Certificado de Nacemento, Matrimonio e Defunción - Certificado de Diversidade de Apelidos

EMPADROAMENTO

O empadroamento é a inscrición no Padrón, que, a súa vez, é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio.

Todo español residente no estranxeiro que traslade a súa residencia a territorio español deberá solicitar, como primeiro paso, o alta no Padrón Municipal do municipio onde vaia fixar a súa residencia.

Cando o solicitante sexa un español procedente do estranxeiro o Concello  comunicarallo ó Instituto Nacional de Estatística onde será dado de baixa no ficheiro do Padrón de españois residentes no estranxeiro, trasladando a mesma, a través do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, á correspondente Oficina ou Sección Consular onde, sen máis trámite, será dado de baixa no Rexistro de Matrícula.

O empadroamento é un requisito para solicitar diversas axudas das Administracións Públicas a favor de retornados, así como para o recoñecemento de determinados dereitos. 

  • LUGAR DE REALIZACIÓN

 

O empadroamento deberá facerse no municipio onde se reside habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ó ano.

No municipio de Tui deberase solicitar a inscrición no Padrón no propio Concello no seguinte enderezo:
Praza do Concello nº1
36700 Tui
Teléfono 986 60 36 25
Horario de atención ó público : De 9:00 a 14:00 horas

 

  • DOCUMENTACIÓN

 En primeiro lugar é preciso destacar que a Baixa Consular xa non se esixe nos concellos para o empadroamento. Os españois inscritos no Rexistro de Matrícula Consular que desexan trasladar a súa residencia a España xa non precisan solicitar a baixa definitiva no mesmo, pois trala nova normativa reguladora do Padrón de Españois residentes no estranxeiro (PERE) e do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA), desapareceu a obriga de presentar a baixa consular para poder empadroarse en España.

A súa chegada a España deberá solicitar o empadroamento no municipio onde vaia fixar a súa residencia, e o Concello  comunicarallo ó Instituto Nacional de Estatística onde será dado de baixa no ficheiro do Padrón de españois residentes no estranxeiro, trasladando a mesma, a través do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, á correspondente Oficina ou Sección Consular onde, sen máis trámite, será dado de baixa no Rexistro de Matrícula.

No Concello de Tui deberá aportarse a seguinte documentación para a inscrición no Padrón:

  • Folla de inscrición debidamente cuberta e firmada
  • Documentación que acredite a identidade das persoas inscritas:
    •  DNI
    •  Pasaporte
    • Tarxeta de estranxeiro
    • Libro de familia (para os menores de 16 anos)
  • Documentación que acredite a ocupación da vivenda: escritura de propiedade, contrato de arrendamento, contrato ou recibo actual expedido pola compañía subministradora de teléfono, auga, electricidade...

Este documento non é preciso no caso de incorporación de novas persoas a un grupo familiar xa empadroado. Neste caso deberá presentarse unha declaración xurada.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625