Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 78 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Nacionalidade Española - Pasaporte - Baixa Consular - Documentos Acreditativos da Actividade Laboral - Descontos en Viaxes de Retorno - Rexime de Franquicias para a Importación de Mobiliario - Automóviles: Franquicia e Matriculación

TRASLADO DE AUTOMÓBILES: FRANQUICIA E DOCUMENTACIÓN

  • FRANQUICIA

 

Os vehículos provistos de motor mecánico para circular por estrada, os seus remolques, caravanas de cámping, vivendas transportables, embarcacións de recreo e avións de turismo, terán dereito a franquicia fiscal, cando cumpran unha serie de requisitos.

Requisitos:

  • O automóbil debeu ser adquirido nas condicións normais de tributación do país de procedencia.
  • Debeu estar destinado ó uso do interesado durante un prazo non inferior a seis meses.
  • O prazo indicado de seis meses ampliarase a doce meses si os citados medios de transporte foron adquiridos ou importados ó amparo de exencións establecidas nos réximes diplomático ou consular ou a favor de membros de Organizacións Internacionais con sede no país de procedencia dos interesados.

Documentación

  • Solicitude de franquicia na que figure o seu novo domicilio ou, no seu defecto, a súa dirección provisional.
  • Relación detallada, visado polo Consulado español do país de orixe, dos bens que desexe importar, con indicación do seu valor aproximado.
  • Certificación consular que acredite a súa residencia no estranxeiro durante un mínimo de 12 meses consecutivos si procede dun país non comunitario.
  • Baixa Consular
  • Documentación do vehículo.

Obrigas

  • Os interesados comprométense na solicitude de franquicia a comunicar á Aduana calquera cambio de domicilio e a non transmitir, ceder ou arrendar os bens importados con franquicia nos doce meses seguintes á súa importación.

 

  • MATRICULACIÓN

Estarán exentos do pago do imposto de matriculación, os automóbiles pertencentes ás persoas que retornen definitivamente a España e cumpran os prazos mencionados no apartado anterior da Franquicia Fiscal.
Ha solicitude farase a través do impreso de solicitude 565 que se recollerá en Facenda.

Prazo:

  • Trinta días dende que o automóbil se introduce en España.

Documentación:
A través dun Enxeñeiro Técnico Industrial ou outro técnico autorizado, realízase a ficha do automóbil, a cal se levará á ITV acompañada da seguinte relación documental, onde se fará o intercambio pola ficha técnica, equivalente en España:

  • DNI
  • Alta no Padrón Municipal
  • Ficha reducida
  • Documentación completa do vehículo
  • Despacho aduaneiro (só para os países non comunitarios)
  • Baixa consular.

Na Delegación de Facenda recóllense os modelos de impresos, aboando as taxas correspondentes, e axúntase a seguinte documentación:

  • DNI
  • Ficha técnica do vehículo
  • Factura de compra do vehículo
  • Baixa Consular
  • Alta no Padrón Municipal

Na Xefatura Provincial de Tráfico presentarase a solicitude de matriculación, quedando a relación documental a entregar do seguinte xeito e segundo o caso:

  • Países non comunitarios:
  • Impreso de solicitude
  • DNI en vigor e fotocopia
  • Baixa Consular
  • Certificado de empadroamento
  • Documentación do vehículo, permiso de circulación estranxeiro
  • Imposto municipal
  • Imposto modelo 565
  • Factura de compra do vehículo
  • Ficha técnica actual expedida por ITV
  • Certificado A13 e DUA (despacho aduaneiro en Facenda)

 

    • Países comunitarios:
    • Impreso de solicitude
    • DNI en vigor e fotocopia
    • Baixa Consular
    • Certificado de empadroamento
    • Documentación do vehículo, permiso de circulación estranxeiro
    • Imposto municipal
    • Imposto modelo 565
    • Factura de compra do vehículo
    • Ficha técnica actual expedida por ITV

     

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625