Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 78 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Nacionalidade Española - Pasaporte - Baixa Consular - Documentos Acreditativos da Actividade Laboral - Descontos en Viaxes de Retorno - Rexime de Franquicias para a Importación de Mobiliario - Automóviles: Franquicia e Matriculación

RÉXIME DE FRANQUICIAS PARA A IMPORTACIÓN DE MOBILIARIO E EFECTOS PERSOAIS POR TRASLADO DE RESIDENCIA

Os bens e efectos procedentes de países da Unión Europea non están suxeitos a despacho aduaneiro algún.

Os titulares de bens e efectos persoais procedentes de países non comunitarios que trasladen a súa residencia definitiva ó territorio peninsular ou ás Illas Baleares, deben solicitar a importación con franquicia de dereitos e impostos ante a Aduana española de entrada de ditos bens, ou ante a Aduana máis próxima ó seu domicilio, facendo constar que solicitan dita importación con franquicia de dereitos e impostos por traslado de residencia.

  • BENS PERSOAIS

 

Por bens persoais enténdese:

  • Os destinados ó uso persoal ou ás necesidades do fogar do interesado  e dos familiares que con el convivan (provisións, axuar doméstico, mobiliario, bicicletas, motocicletas, así como automóbiles de uso privado e os seus remolques, sempre que non sexan vehículos comerciais ou industriais, así como caravanas de cámping, embarcacións de recreo de uso privado e avións de turismo de uso privado).
  • Os instrumentos portátiles necesarios para o exercicio da profesión u oficio do importador, e os animais domésticos que convivan no fogar.

 

En ningún caso os bens persoais deben ter, por natureza ou a súa cantidade, ningunha pretensión de carácter comercial.

 

 

  • DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NA ADUANA

A concesión do despacho con franquicia de dereitos e impostos, estará condicionada á presentación da seguinte documentación:

  • Solicitude de importación por escrito, non suxeita a modelo, na que figuren os datos persoais do interesado.
  • Relación detallada dos bens que desexa importar, con indicación do seu valor aproximado. Esta relación debe figurar nunha única lista, con independencia do  número de envíos no que se realice o traslado dos enseres.
  • Baixa consular que acredite a súa residencia fora do territorio aduaneiro da Unión Europea durante un prazo non inferior a doce meses.
  • Alta no Padrón municipal do municipio no que vaia residir o interesado.

 

  • OBRIGAS
  • Os bens que se pretenda importar con franquicia deberán ser usados polo interesado durante un prazo non inferior a seis meses e deberán haber estado destinados no seu lugar de procedencia ós mesmos usos que os que se lles pretenda dar no novo domicilio.
  • A importación definitiva de bens e enseres persoais debe efectuarse dentro do prazo de doce meses contados a partir da data en que o interesado teña establecido a súa residencia normal no territorio aduaneiro da U.E. No caso do IVE esta residencia refírese ó territorio de aplicación do Imposto, e dicir, Península e Baleares.

Como excepción do prazo anterior, poderá concederse igualmente a franquicia ós bens persoais declarados a libre práctica antes de que o interesado teña establecido a súa residencia normal no territorio aduaneiro da U.E., mediante o compromiso de establecerse efectivamente no prazo de seis meses. Este compromiso irá acompañado dunha garantía, na forma e pola cantidade que as autoridades da Aduana correspondente determinen. Neste caso os bens deberán despacharse e saír do recinto da Aduana, sen perxuízo de que poidan introducirse en recintos privados e suxeitos ó almacenaxe que cada empresa fixe.

  • O incumprimento na presentación da documentación requirida no momento do despacho poderá dar lugar a que por parte da Aduana correspondente se esixa a presentación dunha garantía na forma e cantidade que esta determine.
  • O incumprimento de calquera das condicións ou prazos sinalados dará lugar á non aplicación da franquicia.
  • Os bens persoais que se teñan beneficiado da aplicación de franquicia no momento do despacho aduaneiro non poderán ser obxecto de préstamo, aluguer ou cesión a título  oneroso ou gratuíto ata que non teña transcorrido un prazo de doce meses.

As citadas operación poderán realizarse sen que teña transcorrido dito prazo previa autorización da Aduana cando o interesado o solicite.

 

Exclúense da aplicación da franquicia arancelaria e exención do IVE, os productos alcohólicos, o tabaco en rama ou manufacturado, os medios de transporte de carácter industrial e os materiais de uso profesional distintos dos instrumentos portátiles para o exercicio da profesión ou oficio do interesado.

A importación nas Illas Canarias de bens e efectos persoais por traslado definitivo dende calquera país, pertencente ou non á Unión Europea e previo cumprimento dos requisitos e condicións enumerados anteriormente, está exenta do Imposto Xeral Indirecto Canario

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625