Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 78 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Nacionalidade Española - Pasaporte - Baixa Consular - Documentos Acreditativos da Actividade Laboral - Descontos en Viaxes de Retorno - Rexime de Franquicias para a Importación de Mobiliario - Automóviles: Franquicia e Matriculación

DOCUMENTOS ACREDITATIVOS DA ACTIVIDADE LABORAL

 

Para acceder ás diversas prestacións sociais e económicas previstas pola lexislación española, así como para a obtención do certificado de emigrante retornado, os emigrantes e os seus familiares españois que trasladen a súa residencia a España, deberán acreditar documentalmente que realizaron no estranxeiro, dende a súa última saída de España, unha actividade laboral por conta propia ou allea.

A título de exemplo enuméranse seguidamente os principais documentos acreditativos da actividade laboral:

  • Traballadores por conta allea

 

    • Contratos de traballo ou carta de contratación
    • Follas salariais ou nóminas
    • Certificados de afiliación e/ou cotización ó sistema da Seguridade Social
    • Certificados de empresas para as que prestaron servizos nos que figure o tempo dos mesmos.
  • Traballadores por conta propia ou autónomos

 

    • Documentación xustificativa do período e natureza da actividade
    • Certificados de afiliación e/ou cotización ó Réxime da Seguridade Social que protexa ós traballadores autónomos, no seu caso.
    • Certificados das autoridades que deberon aprobar a instalación ou exercicio da actividade.
    • Certificados acreditativos do pago de impostos polo exercicio da actividade e/ou por traballo persoal

Todos os documento que non sexan oficiais das autoridades laborais ou da Seguridade Social do correspondente país, deberán ser verificados en canto ó seu contido polas Representacións españolas (Consellerías Laborais e de Asuntos Sociais nas Embaixadas de España ou Oficinas Consulares, en garantía de autenticidade

Ademais do anterior, os traballadores españois nos países da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo e Australia deberán obter, antes do seu retorno, o correspondente certificado do organismo da Seguridade Social acreditativo dos períodos de cotización, seguro e emprego e das prestacións por desemprego que, no seu caso, percibiran nestes países.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625