Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 78 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Nacionalidade Española - Pasaporte - Baixa Consular - Documentos Acreditativos da Actividade Laboral - Descontos en Viaxes de Retorno - Rexime de Franquicias para a Importación de Mobiliario - Automóviles: Franquicia e Matriculación

BAIXA CONSULAR

 

Os españois que chegan a un país estranxeiro, sexa con carácter temporal ou permanente, deben inscribirse nun rexistro situado nas Oficinas Consulares ou seccións consulares das Misións Diplomáticas que correspondan á circunscrición onde se atopen. Este rexistro recibe o nome de Rexistro de Matrícula de españois no estranxeiro., e naceu co fin de servir unha mellor protección dos españois que se atopen na demarcación.

Os españois que teñan o propósito de trasladar a súa residencia a España deberán solicitar a baixa voluntaria como residentes no exterior, ante a Oficina Consular ou a Sección Consular da Misión Diplomática correspondente, para elo deberán acudir persoalmente á Oficina Consular provisto do seu pasaporte en vigor. Se se atopa residindo en España, pode solicitala enviando un escrito ó Consulado español no que se atopa inscrito, solicitando a baixa consular no Rexistro de Matrícula de Españois residentes no estranxeiro por traslado definitivo a España (debe indicar todos os seus datos persoais, a data de regreso a España e o seu domicilio actual) . Xunto a este escrito deberá remitir fotocopia do pasaporte.

A baixa consular xa non se esixe nos concellos para o empadroamento, pero segue a ser un documento imprescindible que se debe presentar para a solicitude de múltiples axudas e prestacións.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625