Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 78 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Nacionalidade Española - Pasaporte - Baixa Consular - Documentos Acreditativos da Actividade Laboral - Descontos en Viaxes de Retorno - Rexime de Franquicias para a Importación de Mobiliario - Automóviles: Franquicia e Matriculación

PASAPORTE

O pasaporte é o documento emitido por cada Estado a efectos de identificación dos seus nacionais fora das súas fronteiras. Acredita a identidade do seu titular e permite viaxar ao estranxeiro.

Os cidadáns españois poden saír e entrar libremente en España e teñen dereito a obter un pasaporte dende o momento en que se efectúa a súa inscrición de nacemento no Rexistro Civil.

  • LUGAR DE EXPEDICIÓN

 

  • En España: en Xefaturas Superiores e Comisarías de Policía habilitadas ó efecto

No municipio de Tui pódese solicitar na Comisaría da Policía Nacional sita na rúa Párroco Rodríguez Vázquez nº3

  • No estranxeiro: nas Embaixadas e Consulado de España

 

  • CLASES

 

    • Pasaporte ordinario
  • Concepto

 

O pasaporte ordinario español é un documento público, persoal, individual e intransferible, expedido polos órganos competentes da Administración Xeral do Estado, que acredita, fora de España, a identidade e nacionalidade dos cidadáns españois salvo proba en contrario, e, dentro do territorio nacional, as mesmas circunstancias de aqueles españois non residentes.

Todos os cidadáns españois teñen dereito a obter o pasaporte ordinario sempre que non concorran nos mesmos algunhas circunstancias excepcionais

É individual, podendo incluírse os fillos ou suxeitos a tutela menores de 14 anos, pero estes non poderán facer uso do pasaporte se non van acompañados do titular.

  • Validez

 

    • Con carácter xeral o pasaporte terá unha validez improrrogable de 5 anos, se o titular ten menos de trinta anos na data da súa expedición
    • de 10 anos, cando teña cumpridos os trinta anos de idade
    • de 2 anos, para os menores de cinco anos.
  • Documentación

 

      • Maiores de 14 anos:
    • Documento nacional de Identidade do solicitante en vigor.

 

Nos supostos de residentes no estranxeiro que soliciten o pasaporte nas Representacións Diplomáticas ou Consulares, o requisito de aportar o DNI poderá ser substituído  pola presentación do pasaporte en vigor ou pendente de renovación ou a certificación literal de nacemento do Rexistro Civil ou Consulado no que se atope inscrito o nacemento.
 

    • Unha fotografía recente do rostro do solicitante tamaño carné.

No caso de substitución, deberá presentar o anterior pasaporte se está en vigor.

      • Menores de 14 anos:

 

    • Se está en posesión do DNI, os mesmos documentos que para os maiores de esta idade (DNI e fotografía)
    • Cando non estivera en posesión do DNI, por non estar obrigado á súa obtención, deberá aportar certificación literal de nacemento expedida polo Rexistro Civil e o DNI ou NIE, no caso de ser estranxeiro, da persoa que exerza a patria potestade ou tutela
      • Menores de idade e persoas incapacitadas

 

Nas solicitudes de expedición de pasaporte para menores de idade e persoas incapacitadas deberá constar o consentimento expreso de quen exerza a patria potestade ou tutela.

    • Pasaporte colectivo

 

Expídese con motivo de peregrinacións, excursións e demais actos de análoga natureza, sempre que exista reciprocidade co país de destino.

A súa validez queda limitada a unha soa viaxe, cuxa duración non poderá exceder de tres meses

    • Pasaporte diplomático

 

A súa expedición corresponde ó Ministerio de Asuntos Exteriores e os seus titulares serán Altas Personalidades da nación, membros da Carreira Diplomática e consular e outros Altos Cargos.

A súa validez é de 3 anos, que poderá ampliarse ata 5.

    • Pasaportes oficiais e de servizos

 

Expídese polo Ministerio de Asuntos Exteriores, respectivamente, a funcionarios ou particulares que deban saír de España en comisión de servizos ó estranxeiro, así como ó persoal das representacións diplomáticas e oficinas consulares de España no estranxeiro. O interesado debe estar en posesión do pasaporte ordinario en vigor.

A validez dos primeiros será mentres desempeñen a súa misión, e a dos segundos mentres estean adscritos a ditos servizos.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625