NACIONALIDADE ESPAÑOLA
O español que regresa debe ser consciente da importancia que ten, ou pode chegar a ter, o feito de chegar a España estando en plena posesión da nacionalidade española. O ter ou non a devandita nacionalidade determina o acceso a determinados dereitos que, en caso de entrar sendo cidadán estranxeiro, non tería
- OBTENCIÓN DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA
A nacionalidade española pode adquirirse de diversas formas:
É aquela que a persoa adquire dende o momento do seu nacemento.
Son españois de orixe as seguintes persoas:
- Os nacidos de pai ou de nai española, con independencia do lugar de nacemento, sexa en España ou fóra de España
- Os nacidos en España, cando sexan fillos de pais estranxeiros, se a lo menos un dos pais naceu tamén en España (excepto no caso dos fillos de diplomáticos)
- Os nacidos en España de pais estranxeiros se ambos carecen de nacionalidade (apátridas) ou se a lexislación de ningún deles atribúe unha nacionalidade ao fillo. Neste caso pódese realizar un expediente no Rexistro Civil do seu domicilio para declarar a nacionalidade española con valor de simple presunción.
- Os nacidos en España se se descoñece a identidade dos seus pais. Presúmense nacidos en territorio español os menores de idade cuxo primeiro lugar de estancia coñecido sexa o territorio español.
Os estranxeiros menores de 18 anos adoptados por un español adquiren, tamén, dende a adopción, a nacionalidade española de orixe.
- Nacionalidade por residencia
Pode solicitala calquera persoa que resida en España durante un tempo determinado. Para a concesión da nacionalidade por residencia é necesario que esta sexa legal, continuada e inmediatamente anterior á petición, e teña durado, polo menos:
- 10 anos, como norma xeral.
- 5 anos, os que obtivesen a condición de refuxiado.
- 2 anos, os nacionais de países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial, Portugal ou sefardís.
- Os nacidos en España.
- Os nacidos no estranxeiro, fillos de pai o nai, avó ou avoa orixinariamente españois.
- Os que non exercitaron debidamente o seu dereito a adquirir a nacionalidade española por opción.
- Os que estiveran suxeitos legalmente a tutela, garda ou acollemento dunha persoa ou institución española durante 2 anos consecutivos.
- Os cónxuxes de españois, sempre que non estiveran separados legalmente ou de feito.
- Os viuvos ou viúvas de españois, se no momento de producirse o falecemento non se atopaban separados de feito ou xudicialmente
A solicitude de nacionalidade española por residencia debe presentarse no Rexistro Civil correspondente ao domicilio do interesado.
No municipio de Tui o Rexistro Civil atópase na seguinte dirección:
Praza da Inmaculada, s/n
Tfno 886 218 249
A opción é un beneficio que a nosa lexislación ofrece aos estranxeiros que se atopen en determinadas condicións, para que adquiran a nacionalidade española. Terán dereito a adquirir a nacionalidade española por esta vía:
- Aqueles que estean ou tiveran estado suxeitos á patria potestade dun español.
- Aqueles cuxo pai ou nai fose orixinariamente español e nacido en España.
- Aqueles cuxa filiación ou determinación do seu nacemento en España se produza despois dos 18 anos de idade. Neste suposto o prazo para optar á nacionalidade é de dous anos dende que se determina a filiación ou o nacemento.
- Os adoptados por un español sendo maiores de 18 anos. Neste caso o dereito a optar existe ata que transcorra o prazo de dous anos a partir da constitución da adopción.
A Lei de Memoria Histórica permite a adquisición por opción da nacionalidade española de orixe ás persoas cuxo pai ou nai foran orixinariamente españois e aos netos dos que perderon ou tiveron que renunciar á nacionalidade española como consecuencia do exilio.
- Nacionalidade por carta de natureza
Esta é unha vía excepcional de adquisición da nacionalidade, que debe solicitarse ante o Ministerio de Xustiza sempre que exista razóns de interese público ou humanitarios, de caracter excepcional que a xustifiquen.
A súa concesión ou denegación corresponde ao Consello de Ministros mediante Real Decreto do Goberno de España e a súa decisión é discrecional
- Nacionalidade por posesión de estado
A posesión u a utilización continuada da nacionalidade española durante 10 anos, con boa fe e baseada nun título inscrito no Rexistro Civil, é causa de consolidación da nacionalidade aínda que se anule o título que a orixinou.
- PERDA DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA
A nacionalidade española pérdena:
- Os emancipados que, residindo habitualmente no estranxeiro, adquiran voluntariamente outra nacionalidade ou utilicen exclusivamente a nacionalidade estranxeira que tiveran atribuída antes da emancipación. A perda producirase unha vez que transcorran 3 anos, a contar, respectivamente, dende a adquisición da nacionalidade estranxeira ou dende a emancipación. Non obstante, os interesados poderán evitar a perda se dentro do prazo indicado declaran a súa vontade de conservar a nacionalidade española ao encargado do Rexistro Civil.
A adquisición da nacionalidade de países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial ou Portugal non é bastante para producir, conforme o anterior, a perda da nacionalidade española de orixe.
- En todo caso, perden a nacionalidade española os españois emancipados que renuncien expresamente a ela, se teñen outra nacionalidade e residen habitualmente no estranxeiro.
- Os que nacendo e residindo no estranxeiro, ostenten a nacionalidade española por ser fillos de pai ou na españois, tamén nacidos no estranxeiro, cando as leis do país onde residan lles atribúan a nacionalidade do mesmo, perderán, en todo caso, a nacionalidade española se non declaran a súa vontade de conservala ante o encargado do Rexistro Civil no prazo de 3 anos, a contar dende a súa maioría de idade ou emancipación.
Non se perde a nacionalidade española, en virtude do anterior, se España se atopara en guerra.
- Os españois que non o sexan de orixe perderán a nacionalidade:
- Cando durante un período de 3 anos utilicen exclusivamente a nacionalidade á que renunciaran ao adquirir a nacionalidade española.
- Cando entren voluntariamente ao servizo das armas ou exerzan cargo político nun Estado estranxeiro contra a prohibición expresa do Goberno.
- RECUPERACIÓN DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA
O Código Civil recolle esta posibilidade definindo a recuperación como: “a adquisición dunha nacionalidade da que se gozou anteriormente e que se perdeu por calquera das causas previstas na Lei”.
A recuperación non é obrigatoria que se tramite sendo residente no exterior, pero si é posible dita tramitación dende o estranxeiro e esta posibilidade é interesante para o español que quere regresar ao seu país, sendo ademais unha excepción que se establece para os emigrantes españois a oportunidade de tramitar a recuperación dende o exterior.
Quen perdera a nacionalidade española poderá recuperala cumprindo os seguintes requisitos:
- Ser residente legal en España. Este requisito non será de aplicación aos emigrantes nin a os fillos de emigrantes. Nos demais casos poderá ser dispensado polo Ministro de Xustiza cando concorran circunstancias excepcionais.
- Declarar ante o encargado do Rexistro Civil a súa vontade de recuperar a nacionalidade española.
- Inscribir a recuperación no Rexistro Civil.