EMIGRANTE RETORNADO
Comunmente un emigrante retornado é aquel español que un día marchou e hoxe volve ó seu país. Dende a óptica normativa, será emigrante retornado, só, quen estea en condición de obtelo “certificado de emigrante retornado”.
Un emigrante retornado antes de regresar a España deberá realizar os seguintes trámites:
- Adquisición / recuperación da nacionalidade española
- Acreditación da súa identidade
- Baixa consular
- Acreditación da actividade laboral desenvolvida no país de procedencia.
- Estado civil
Como primeiro paso, é recomendable que todos os residentes no estranxeiro que teñan intención de regresar a España soliciten información para os seus trámites de retorno nos Consulados de España, así como nas Consellerías de Traballo e Asuntos Sociais dos países onde residan, a fin de obter unha orientación adaptada as súas circunstancias persoais.