Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   
Concello de Tui
Ligazóns de interese
O Concello
Turismo
Outros
Documentos

PRESENTACIÓN

 

Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados
Concellería de Servizos Sociais
Horario de atención ó público: de luns a venres de 10:00 a 14:00
Teléfono: 986 60 36 25 ext.54

 

XUSTIFICACIÓN

O Concello de Tui non escapa a unha realidade que afecta a toda España, e, especialmente a Galicia: pasou de ser unha terra de emigrantes a converterse nun lugar de recepción de inmigrantes.

No caso do noso municipio, os inmigrantes que chegan xa non só son descendentes de galegos que regresan no marco da “emigración de retorno”, movidos polas crises económicas que atravesan os seus países, se non que, cada vez é maior o número de estranxeiros procedentes de distintos contornos xeográficos e culturais, que, ó  igual que antano nosos antepasados, vense obrigados a abandonar a súa casa, a súa familia, o seu país... en busca de mellores condicións de vida.

A poboación estranxeira ascende, no concello de Tui, segundo datos do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2009, ofrecido polo INE,  a un total de 853 cidadáns dos 17.262 que supoñen a poboación total empadroada, sendo polo tanto un 4,9% da mesma.

 

a

 

A poboación estranxeira empadroada representa a máis de vinte nacionalidades, o que amosa o seu carácter heteroxéneo.

Dentro da poboación comunitaria, destaca en Tui, polo seu carácter fronteirizo, as persoas de nacionalidade portuguesa ascendendo a un total de  433 persoas, o que supón un 2,5% da poboación total empadroada.

 

a

Entre a poboación extracomunitaria destaca polo seu número a poboación de Marrocos acadando a 165 persoas, o que supón respecto á poboación xeral o 0,9%. É aquí onde se atopa o maior número de persoas en situación de especial vulnerabilidade, e, en moitos casos en risco de exclusión social.

 

a

Por iso, o Concello de Tui, tentando facer fronte a esta nova realidade, e asumindo que como administración local, pola súa posición de proximidade na prestación de servizos a toda a poboación, incluída a estranxeira, é o primeiro receptor das persoas integrantes deste colectivo, asume a tarefa de establecer os canles axeitados para informalos e asesoralos tentando facilitar o proceso de acollida e de integración na nova sociedade a través da creación da Oficina de Atención a Inmigrantes e Emigrantes Retornados.

Esta oficina conta ademais para o ano 2010 cunha participación no seu financiamento por parte da Secretaría Xeral de Emigración.

 

OBXECTIVO XERAL

A Oficina de atención a Inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui ten por obxectivo proporcionar a este colectivo  información xurídica e administrativa sobre trámites como adquisición de nacionalidade española, visados, autorizacións de residencia, agrupamento familiar, empadroamento, asistencia sanitaria, educación, prestacións sociais..., así como tamén prestar a axeitada información e orientación laboral co obxectivo de facilitar o acceso e a integración da poboación inmigrante e retornada nos distintos ámbitos da nosa sociedade.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625