
A
rede de axentes e técnicos de emprego de Galicia é unha infraestructura de servizos impulsada pola
Consellería de Traballo e dependente da
Dirección Xeral de Promoción do Emprego para a implantación das políticas activas de emprego e o apoio das iniciativas empresariais xeradoras de novos postos de traballo no ámbito local.
A rede conta con preto de 400 profesionais especializados no asesoramento empresarial, ubicados na maioría dos concellos galegos e noutras asociacións ou entidades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción empresarial, o que permite ofrecer unha cobertura da práctica totalidade do territorio galego. Este mecanismo é posible grazas a unha cooperación permanente das administracións autonómica e local, así como á colaboración coas principais entidades existentes en Galicia para o desenvolvemento do territorio, especialmente dos concellos situados no ámbito rural.
Seguindo as directrices europeas do emprego e co fin de lograr unha estratexia de acción común, na aplicación das
políticas activas de emprego debemos poñer especial fincapé na importancia da
creación de postos de traballo a nivel local, dende a perspectiva de que existen novos filóns de emprego susceptibles de xerar postos de traballo, sendo no ámbito local onde se atopan as maiores posibilidades de detección e aproveitamento en beneficio do emprego.
O
“ Axente de emprego” é o técnico coñecedor de metodoloxías e ferramentas para a planificación, xestión e financiación de proxectos públicos a nivel local, que permiten dinamizar o potencial do territorio e aproveitar as oportunidades para a creación de emprego. O seu ámbito de traballo aglutina propostas de interese , concretando as súas funcións no aproveitamento o máximo das oportunidades que dende os diferentes niveis de administración pública:
europea, estatal, autonómica e local se brindan co obxectivo planificar e desenvolver as políticas de promoción económica e emprego no municipio.
A
Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Tui, é un departamento de promoción económica de ámbito municipal, que desenvolve as súas actividades desde o ano 1999. Momento no que se contratou o axente de emprego e desenvolvemento local.
No ámbito dos Recursos Humanos e o Emprego centra parte das accións o AEDL cooperando na instauración das “políticas activas de emprego” a nivel local, coas seguintes
FUNCIONS:
- Observación estratéxica do territorio e realización de estudos, así coma participar na dinamización do eido local, colaborando en campañas de dinamización económica.
- Prospección de recursos infrautilizados, identificando as actividades de interese e con potencialidade, que poidan acoller novos negocios viables de futuros emprendedores.
- Apoio e información sobre os trámites xurídicos e administrativos para a creación de empresas.
- Información dos programas de axudas específicas o emprego para empresas e emprendedores, así como facilitar o acceso a elas: mulleres, autónomos, discapacitados, Iniciativas locais de emprego, sociedades laborais, cooperativas...
- Acompañamento no estudo económico- financeiro de novas ideas empresariais, etc.
- Información e orientación os interesados de todo tipo de programas de axuda públicos e subvencións.
- Planificación ,deseño e xestión para o ente municipal dos programas e proxectos anuais dinamizadores do territorio e xeradores de emprego :
- Proxectos de emprego: programas de cooperación coas entidades locais, orientación laboral ou plans provinciais de emprego
- Proxecto de inserción socio-laboral: plans integrados de emprego
- Programas mixtos, de formación e emprego: escolas obradoiro e obradoiros de emprego
- Participación en deseño e xestión de proxectos e programas financiados con fondos comunitarios destinados o desenvolvemento económico territorial .
- Fomento da cultura emprendedora como unha forma de saír de situacións de desemprego.
- Organizar ou colaborar na realización de cursos de formación ou ofrecer información sobre eles para desempregados e traballadores en activo.
- Comunicar as empresas e emprendedores as subvencións para o emprego, así como facilitar o acceso a elas.