Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros



Punto Limpio

Enderezo: Guillarei
Hora: De luns a venres de 8 a 14h e sábados de 9 a 13h


Recollida de voluminosos

A concellería de Medio Ambiente de Tui ofrece un servizo gratuíto de recollida de obxectos voluminosos
Os interesados en utilizar este servizo poden chamar ó teléfono habilitado para o mesmo, o 637 57 71 61 ou ó 607 086 332 e indicar na súa chamada cal é o obxecto ou obxectos que queren que sexan recollidos. No menor tempo posible, un empregado municipal achegarase no día e na hora acordados para retirar o moble ou electrodoméstico, de ser o caso.


Recollida selectiva

Na Praza de Galicia en a esquina da rúa Casal Aboy con Compostela están instalados dous contedores de reciclaxe de CD e DVD, cartuchos de impresora, teléfonos móbiles, aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e baterías de móbiles e de lámpadas de baixo consumo e led.
En once puntos distribuídos polo municipio hai contedores para a reciclaxe de roupa e calzado

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625