O Evento está organizado polo Conservatorio Municipal de Música de Tui, en colaboración co Concello de Tui , o ANPA 'Mestre Martínez Pose' do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.
As datas concretas son:
Luns 25 de Febreiro. Luns 25 de Marzo. Luns 29 de Abril. Luns 27 de Maio.
O luns 10 de Decembro de 2012, na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional e da Escola de Música Municipal de Tui, a partir das 21:00h, celebrouse a Audición Semanal a cargo de alumnos de ámbolos dous Centros. A entrada foi libre e gratuíta ata encher o aforo da Sala.