Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Convocatoria e bases para a contratación laboral temporal a tempo completo, en interinidade: peón de cemiterios
Data de inicio: 05-05-2017.
FINALIZA O PLAZO: 22-05-2017
Convocatoria e bases para a contratación laboral temporal a tempo completo, en interinidade: peón de cemiterios

O obxecto das presentes bases é proceder á selección dun peón de cemiterios, e a súa contratación laboral temporal a tempo completo, ó abeiro da normativa reguladora dos contratos de traballo temporais por interinidade en tanto non se produce a cobertura definitiva da praza 04.01.03.01, xustificada na providencia desta Concellería de data 5 de abril de 2017.

A persoa contratada deberá prestar os seus servizos a tempo completo.

A duración máxima do contrato será ata a cobertura en propiedade da praza coma persoal laboral fixo, ou a amortización da mesma.

As retribucións básicas e as complementarias serán as correspondentes o posto de Peón de cemiterios código 04.01.03.01, previstas no anexo do orzamento do Concello de Tui .

O contrato de traballo rexerase pola normativa reguladora dos contratos de traballo temporais por interinidade.

As funcións a desenvolver pola persoa seleccionada serán as previstas na Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui, para o posto con código 04.01.03.01, Peón cemiterios., dependente do departamento obras, unidade de cemiterios e servizos funerarios

As persoas interesadas, poderán presentar as súas solicitudes durante 10 días hábiles, dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 

Bases de contratación
Instancia interesados
Declaración responsabilidade
Pago de Taxas

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625