Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Convocatoria e bases de selección para a provisión interina operario de limpeza viaria da escala de administración especial
Data de inicio: 05-05-2017.
FINALIZA O PLAZO: 22-05-2017
Convocatoria e bases de selección para a provisión interina operario de limpeza viaria da escala de administración especial

O obxecto das presentes bases é proceder á selección dun operario de limpeza viaria, e o seu nomeamento interino en tanto non se produza a cobertura definitiva da praza con código 04.01.02.09, xustificada na providencia desta Concellería de data 5 de abril de 2017.

A persoa nomeada deberá prestar os seus servizos a tempo completo.

Dita persoa cesará cando a praza 04.01.02.09 sexa cuberta en propiedade coma funcionario de carreira ou se produza a amortización da mesma.

As retribucións básicas e as complementarias serán as correspondentes o posto de operario de limpeza viaria código 04.01.02.09 previstas no anexo do orzamento do Concello de Tui .

As funcións a desenvolver pola persoa seleccionada serán as previstas na Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui, para o posto con código 04.01.02.09, Operario de limpeza viaria., dependente do departamento obras, unidade limpeza viaria.

As persoas interesadas, poderán presentar as súas solicitudes durante 10 días hábiles, dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Bases de contratación
Instancia interesados
Declaración responsabilidade

Pago de Taxas
Funcións Operario Limpeza Viaria

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625