|
ACORDO XUNTA DE GOBERNO LOCAL 15/12/2011 DE:
"ADXUDICACIÓN DE ADQUISICIÓN DE PARCELA DENOMINADA "A LAGARTEIRA" SITA EN PAZOS DE REIS, A TÍTULO ONEROSO, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO (CUN ÚNICO ADXUDICATARIO)”.- Acordado na Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 1 de decembro 2011, requirir ó licitador que presentou a oferta para adquisición da referida parcela e unha vez que pola entidade relixiosa "INSTITUTO DE LOS HERMANOS MARISTAS DE LA ENSEÑANZA O HERMANITOS DE MARIA" se deu cumprimento ó requirimento do Concello , a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:
1º.- Adxudicar a adquisición da parcela denominada "A Lagarteira", sita en Pazos de Reis- A Lagarteira, cunha superficie de 14.870,06 m2, referencia catastral 36055A051001700000UL (Polígono: 51 Parcela: 170), para o seu destino a EQUIPAMENTOS DO CONCELLO, e se procede á compra polo importe de 624.542,52€ á entidade relixiosa "INSTITUTO DE LOS HERMANOS MARISTAS DE LA ENSEÑANZA O HERMANITOS DE MARIA"- Provincia Maristas Compostela, CIF R2400554H, con enderezo fiscal en Avda. Oviedo, nº 2, cp 24008 León e ós efectos de notificacións en Valladolid , Avda. de Madrid, nº 66, de conformidade coa proposta económica presentada pola referida entidade e prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.
2º.- Se procederá á formalización de escritura pública de compraventa da referida parcela, de conformidade co art. 140 da LCSP .
3º.- Ao abeiro do estipulado no art. 137 da LCSP deberase notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo e publicarase no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org). Así mesmo, de conformidade co art. 138 da Lei 34/2010, a formalización dos contratos cunha contía igual o superior ás cantidades indicadas no art. 122.3 da LCSP publicaranse no Perfil do Contratante.
Tui, 15 de decembro 2011.-
|