Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined variable: tabla in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/licita/licitaciones.php on line 514 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

SINALIZACIÓN DAS PARROQUIAS DE TUI E OS SEUS LUGARES.-
Data de fin de prazo: 24-11-2017 convocatoria Mesa de Contratacion
Expediente: 2331/2017 OBRAS
Detalle licitación

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Vista acta da Mesa de Contratación de licitación da obra de “Sinalización das parroquias de Tui e os seus lugares”, realizada o 13 de novembro de 2017 para apertura do sobre nº 1 "documentación administrativa", acordándose requirir a subsanación de documentación ás empresas "Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, SA" e " Bricantel España, SL".

Presentada en prazo polos licitadores documentación aos efectos de requirimento de subsanación de documentación administrativa, co fin de continuar coa tramitación do expediente, e de conformidade coas facultades que me confire a lexislación vixente e ó abeiro do prego de cláusulas administrativas aprobado para a contratación, RESOLVO:

PRIMEIRO.- Convocar á Mesa de Contratación para o vindeiro venres, día 24 de novembro 2017, ás nove horas, en sesión non pública, aos efectos de verificar documentación presentada polas empresas requiridas para subsanación da presentada no sobre nº 1, e acordo da Mesa de empresas admitidas á licitación.

SEGUNDO.- Rematado acto anterior, se procede, o mesmo venres día 24 de novembro 2017, no Salón de Sesións do Concello se procederá en sesión pública, ás nove horas e trinta minutos, á apertura do sobre nº 2 "Criterios cuantificables de forma automática".

TERCEIRO.- Facer pública a presente convocatoria mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil do contratante.

CUARTO.- Dar traslado da presente Resolución de Alcaldía aos membros da Mesa de Contratación designados, ós Departamentos de Secretaría e Intervención e ó Pleno Corporativo na vindeira sesión que se celebre.


Mándao e asínao o Sr. Alcalde, Carlos Vázquez Padín, en Tui.
Documento asinado dixitalmente á marxe.

Documentación:

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625