Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

LICITACION CONTRATACIÓN SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA DO CONCELLO DE TUI. CONTRATO SUXEITO A REGULACION HARMONIZADA, POR PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE VALORACIÓN.
Data de fin de prazo: 26-07-2017 Convocatoria
Expediente: 1/2017 SERVIZOS
Detalle licitación

ANUNCIO

Aprobado polo Pleno da Corporación municipal o expediente, prego de prescricións técnicas (PPT) e cláusulas administrativas (PCAP) para a contratación do Servizo de Limpeza Viaria do Concello de Tui, por procedemento aberto, contrato suxeito a regulación harmonizada, con multiplicidade de criterios de valoración, se expón ao público así como se procede á apertura do prazo de licitación.

1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.
2.- Obxecto do contrato: Prestación dos servizos de limpeza viaria no Concello de Tui.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Aberto, suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: Oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas (cláusula 11 do PCAP).

4.- Prezo do contrato:
a).- Valor estimado do contrato, incluído prórrogas: 1.115.415,04€, IVA excluído.
b).- Valor estimado anual: 174.283,60€/ano, excluído IVE, o que suma un total anual de 191.711,96€.

Dito tipo de licitación conxunto desglósase en dúas partidas:

1) Servizo ordinario de limpeza viaria: Correspóndese coa prestación ordinaria do servizo, de acordo co sinalado no PPT. O orzamento base de licitación desta partida ascende a un total de 173.278,12€/ano, IVE incluído, desglosados en 157.525,56€/ano de principal e 15.752,56 €/ano de IVE, calculado ao 10%.
Ningunha oferta poderá superar o límite sinalado, sendo ata unha causa de rexeitamento da proposición, podendo mellorarse á baixa.

2) Servizos adicionais baixo demanda: Correspondense coas peticións de prestacións de servizo extraordinarias que poida requirir o concello fora dos servizos ordinarios, de acordo co sinalado no PPT. O prezo determínase nos termos de prezos unitarios, constituíndo a unidade de medida a xornada de servizo efectivamente prestada, de acordo co PPT. O orzamento base de licitación desta partida ascende a un total de 18.433,84 €/ano IVE incluído, desglosados en 16.758,04 €/ano de principal e 1.675,80 €/ano de IVE, calculado ao 10%.

5.- Duración do contrato: 4 anos de duración, con posibilidade de dous prórrogas dun período máximo dun ano cada unha.

6.- Clasificación do contratista:
a).- Clasificación alternativa do contratista: Grupo U, Subgrupo 1 (Servizos de limpeza), Categoría 2.
b).- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Acreditarase polos medios sinalados na cláusula 8.4 do PCAP.

7.- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de TUI- Servizo de Contratación. Tfno: 98660.36.25.- Fax:986604148.
Dirección electrónica: http://concellotui.sedelectronica.gal.
Dirección perfil do Contratante: www.concellotui.org.
Poderán consultar as bases de licitación na páxina web www. concellotui.org. así como retirar documentación con data límite día do remate de presentación de ofertas.

8.- Gastos de publicidade: Si.

9.- Presentación de proposicións: a.-) Data límite de prsentación: 26/07/2017. Data de envío ao DOUE: 16/06/2017. . Así mesmo, de conformidade co art. 142 do TRLCSP, publicarase a licitación no Boletín Oficial do Estado, Boletín Oficial da Provincia e perfil do contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org).
b.-) Modalidade de presentación: De conformidade coa cláusula 10 do PCAP.
c).- Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Tui, en horario de 9,00 a 14,00 horas.
2) Enderezo: Praza do Concello, nº 1.
3) Localidade e código postal: Tui 36700.
4) Dirección electrónica : http://concellotui.sedelectronica.gal.



En Tui, O Alcalde. Enrique Cabaleiro González

Documentación:
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625