Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

CONTRATACIÓN OBRA RESTAURACIÓN PALCO DA MÚSICA NO CANTÓN DE DIOMEDES
Data de fin de prazo: 05-07-2017 Convocatoria
Expediente: 68/2017 OBRAS
Detalle licitación

ANUNCIO
Licitación contratación obra "Restauración do Palco da Música no Cantón de Diomedes, Tui”.
Aprobada por Resolución de alcaldía de data 25 de maio de 2017, o expediente de contratación da obra "Restauración do Palco da Música no Cantón de Diomedes", por procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación, se expón ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de propostas.
1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.
2.- Obxecto do contrato: "Restauración do Palco da Música no Cantón de Diomedes, Tui". CPV: 45454100-5.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.
4.- Prezo do contrato: Orzamento base: 50.575,00€. IVE: 10.620,75€ . Orzamento total execución contrata: 61.195,75€.
5.- Prazo de execución: catro meses.
6.-Garantías: Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
7.- Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Tui. Tfno: 986603625 - Fax:986604148. Data límite: día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultarse as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación na páxina web (www. concellotui.org).
8.- Solvencia económica e financeira: Acreditarase pola cifra anual de negocios do licitador, ou ben cifra anual de negocios no ámbito ao que se refira o contrato, nos tres últimos anos, cun valor mínimo esixido (no ano de maior volume de negocio dos tres indicados) equivalente a unha vez e media o valor estimado do contrato, nos termos da cláusula 15A) do PCAP
9.- Solvencia técnica e profesional: Acreditarase pola relación das obras executadas no curso dos últimos 10 anos, correspondentes ao mesmo grupo ou subgrupo de clasificación ao que corresponde o contrato, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes, nos termos da cláusula 15 A) do PCAP.
O empresario poderá acreditar a solvencia económico-financeira mediante clasificación Grupo K, Subgrupo 7, Categoría 1.
10.- Criterios de Adxudicación, cuantificables de forma automática:
a) Oferta económica: Baixas ofertadas sobre o prezo total do contrato, ata un máximo de 40 puntos.
b) Valoración de melloras:
- Redución de prazo de execución da obra, ata un máximo 28 puntos.
- Incremento do prazo de garantía, ata un máximo de 32 puntos.
11.- Presentación de ofertas:
a) Data límite: 26 DÍAS NATURAIS a contar dende a publicación do anuncio de licitación no BOP e perfil do contratante (www.concellotui.org).
b) Documentación a presentar: A que figura no PCAP.
c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de 9,00h a 14,00 h. de luns a venres ou por calquera outro medio o que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015. Enderezo: Praza do Concello, nº 1-36700 Tui (Pontevedra).

Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.
Documento asinado dixitalmente ao marxe.

Documentación:
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625