Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017
Data de fin de prazo: 22-05-2017 Convocatoria
SERVIZOS
Detalle licitación

ANUNCIO
Licitación contratación servizo "Campamentos de verán 2017 Concello de Tui".
Aprobado por Resolución da alcaldía de data 11 de abril de 2017 o expediente de contratación do servizo "Campamentos de Verán 2017”, por procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración e tramitación ordinaria, se expón ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de propostas.
1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.
2.- Obxecto do contrato: Servizo de "Campamentos de verán do Concello de Tui". CPV: 92000000-1.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a).-Tramitación: Ordinaria.
b).-Procedemento: Aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.
4.- Prezo do contrato: Orzamento base: 16.272,73 €. IVE: 1.627,27 € . Orzamento total execución contrata: 17.900,00€.
5.- Prazo de execución: 10 de xullo ao 9 de agosto de 2017.
6.-Garantías: Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
7.-Obtención de documentación e información: Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirada copia no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. . Tfno: 986603625 - Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www. concellotui.org).
8.-Solvencia económica e financeira: Acreditarase conforme ao establecido na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), apartado 3º.1.
9.-Solvencia técnica e profesional: Acreditarase conforme ao establecido na cláusula 7ª do PCAP, apartado 3º.2.
10.-Criterios de Adxudicación:
10.1.-Proxecto de prestación do servizo: Máx. 30 puntos.
10.2.-Oferta económica: baixa no prezo do contrato: Máx. 30 puntos.
10.3.-Aumento do número de prazas en cada quenda: Máx. 20 puntos.
10.4-Aumento no horario do campamento entre as 8:00 e as 15:00 horas de luns a venres(tendo en conta que o horario mínimo establecido é de 9:00 a 14:00 horas): Máx. 20 puntos.
11.- Presentación de ofertas:
a).-Data límite:15 días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra ou perfil do contratante (www.concellotui.org), tendo en conta a publicación que sexa posterior, en tres sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas administrativas.
b).-Documentación a presentar: A que figura no PCAP.
c).-Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC.
Tui, 12 de abril de 2017.
Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

Documentación:
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625