Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

CONTRATACIÓN SERVIZO ELABORACIÓN DE INVENTARIO DE CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI.
Data de fin de prazo: 03-05-2017 Convocatoria
SERVIZOS
Detalle licitación

ANUNCIO
Licitación contratación servizo "Elaboración de Inventario de Camiños e Vías Municipais do Concello de Tui".
Aprobada por Xunta de Goberno Local , en sesión de 23 de marzo 2017, o expediente de contratación de servizo para "Elaboración de Inventario de Camiños e Vías Municipais do Concello de Tui", por procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente, se expón ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de propostas.
1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.
2.- Obxecto do contrato: Servizo de "Elaboración de Inventario de Camiños e Vías Municipais do Concello de Tui" . CPV: 71356200-0
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: Urxente.
b) Procedemento: Aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.
4.- Prezo do contrato: Orzamento base: 29.800,00 €. IVE: 6.258,00 € . Orzamento total execución contrata: 36.058,00€.
5.- Prazo de execución: sete meses a contar dende o comezo dos traballos e previa formalización do contrato.
6.-Garantías : Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
7.- Obtención de documentación e información: Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirada copia no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. . Tfno: 986603625 - Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www. concellotui.org).
8.- Solvencia económica e financeira: Acreditarase conforme ao establecido na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), apartado 3º.1 .
9.- Solvencia técnica e profesional: Acreditarase conforme ao establecido na cláusula 7ª do PCAP, apartado 3º.2.
10.- Criterios de Adxudicación:
10.1. - Metodoloxía e plan a seguir no desenvolvemento dos traballos: Máx. 40 puntos.
10.2.– Oferta económica: baixa no prezo do contrato: Máx. 30 puntos.
10.3.- Período de Asistencia técnica/Mantemento do inventario: Máx. 20 puntos.
10.4- Redución do prazo de execución do contrato: Máx. 10 puntos.
11.- Presentación de ofertas:
a) Data límite: 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP ou perfil do contratante, tendo en conta a publicación que sexa posterior, en tres sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas adminsitrativas. a contar dende a publicación do anuncio de licitación no BOP e perfil do contratante (www.concellotui.org).
b) Documentación a presentar: A que figura no PCAP.
c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC.

Tui, 31 de narzo de 2017.
O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

Documentación:
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625