Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

OBRA "MELLORA DA PAVIMENTACIÓN NUN VIAL NO LUGAR DA IGREXA, GUILLAREI".
Data de fin de prazo: 02-08-2016 Formalización de Contrato
OBRAS
Detalle licitación

ACORDO XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 15/07/2016.

7º.- Adxudicación contrato de obra "Mellora de Pavimentación dun vial no lugar de Igrexa, Guillarei.Tui".

De conformidade coa proposta emitida pola Mesa de Contratación con data de 05 de xullo de 2016, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptou o seguinte ACORDO:

1º.- Adxudicar á empresa "Asfagal Técnicas Viarias, S.L." CIF B32404972, con enderezo na rúa Marie Courie, nº 4 baixo, CP 32005 Ourense, o contrato de obra de "Mellora de pavimentación dun vial no lugar de Igrexa, Guillarei, Tui", polo prezo ofertado total de 21.172,53€ (base: 17.497,96€. IVE 21%: 3.674,54€) de conformidade coa proposta económica presentada e con suxeición ao proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación, e as seguintes melloras ofertadas:
- Incremento do prazo de garantía en corenta e oito (48) meses, sobre os 12 meses legais. Total de (60) meses.
- Incremento do número de testigos e análise das mostras de seis (6) testigos, sobre os 3 testigos do proxecto. Total de nove (9) testigos.

2º.- Aos efectos de formalización do contrato de conformidade coa lexislación vixente e dado que se trata dun contrato declarado urxente, conforme co art. 156 do TRLCSP a sinatura do contrato será no prazo máximo de oito días hábiles dende a data de notificación da adxudicación.

3º.- De conformidade co estipulado no art. 154 do TRLCSP deberase notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo. Así mesmo, a formalización dos contratos cunha contía igual ou superior ás cantidades indicadas no art. 138.3 do TRLCSP publicaranse no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org) e no Boletín Oficial da Provincia.

Documentación:
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625