Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Río Miño

O Miño, o pai dos ríos galegos, baña coas súas fértiles augas unha parte importante do municipio de Tui. Outrora foi fronteira natural con Portugal, e na actualidade un río que nos une co país veciño. Dende a parroquia de Caldelas até Areas o río proporciona distintas zonas de ribeira onde disfrutar da natureza.

É navegable dende Guillarei até Areas, tendo precaución co cambio dos areeiros que poden dificultar a navegación. 

O Miño presenta condicións óptimas para a práctica deportiva de modalidades coma o piragüismo, o remo, o esquí náutico...