Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bolsas de traballo e Listaxes de reserva

E.g., 28/03/2024
E.g., 28/03/2024

Proceso selectivo formación lista de reserva contratación temporal prazas profesor/a guitarra eléctrica

2/10/2023

O Concello de Tui ten aberto un proceso de selección para a formación de listas de reserva para contratacións temporais de prazas de profesor/a de guitarra eléctrica, o prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, prazo que remata o vindeiro día 09/10/2023.

Proceso selectivo formación lista de reserva contratacións temporais parazas profesor guitarra clásica

2/10/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 19/10/2023, se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal dun profesor de guitarra ata a cobertura por persoal laboral fixo (oferta estabilización). O aspirante dispón do prazo de dous días para aceptar ou renunciar o chamamento.

Proceso selectivo formación lista de reserva condutores/as

2/10/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 07/02/2024 se iniciou o chamamento o primeiro aspirante da lista de reserva de condutores, ofrecendo unha contratación interina vinculada a baixa de IT dun traballador. O aspirante dispón de 2 días hábiles para poder aceptar ou renunciar o chamamento. (prazo que remata o venres 09/02/2024)

Lista de reserva para nomeamentos interinos prazas operarios de obras

12/04/2023

Con data de 12/04/2023 se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos para prazas de operarios de obras, dita lista estará vixente ata que se realice outro proceso selectivo para prazas de operarios de obras e en todo caso por 3 anos.

Lista de reserva nomeamentos interinos traballador/a social

15/03/2023

Mediante Resolución da concellaría delegada en funcións de persoal de data 06/06/2023 se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de traballador/a social.

Mediante Resolución da Concellería delegada en funcións de persoal de data 06/06/2023 se iniciou o chamamento da primeira aspirantes, co ofrecemento dun nomeamento interino ata a cobertura en propiedade dunha praza de traballador social, a persoa dispón de dous días hábiles para aceptar ou rexeitar o nomeamento. Prazo que remata o vindeiro xoves día 08/06/2023.

LISTA DE RESERVA PARA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS AUXILIAR ARQUIVO E BIBLIOTECA

10/02/2023

Con data de 04/09/2023 se publicou anuncio da resolución de ofrecemento de nomeamento interino dun auxiliar de arquivo e biblioteca a tempo parcial, asemade se remitiu correo electrónico a cada un dos aspirantes que integran a lista de reserva. Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles (ata o mércores día 06/09/2023) para aceptar ou rexeitar o ofrecemento.

Segunda ampliación lista de reserva para contratacións temporais profesores de piano

27/10/2022

Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para aceptar ou renunciar o ofrecemento do contrato de substitución coma profesor de piano 30 horas semanais e ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo (praza incluída na oferta de estabilización e actualmente convocada).

O prazo remata o venres día 06/10/2023.

Proceso selección para formación lista de reserva auxiliares administrativos

17/10/2022

17/08/2023  Resolución proposta de nomeamento e requirimento documentación para nomeamentos auxiliar administrativo utilizando lista reserva. 

-  Requírese a documentación ás dúas persoas candidatas propostas  para que presenten a documentación indicada na resolución por rexistro no prazo máximo de 24 horas hábiles dende a publicación desta proposta no taboleiro de anuncios da sede electrónica (http://concellotui.sedelectronica.gal) do Concello de Tui e, de forma complementaria, na súa páxina web, www.tui.gal; perdendo o seu dereito a ser nomeadas de non facelo.

PROCESO SELECTIVO AMPLIACIÓN E UNIFICACIÓN LISTA RESERVA OBOE

11/10/2022

Hoxe reuniuse o tribunal de selección do proceso para ampliación de lista de reserva para contratacións temporais de profesores de óboe, polo que se publican as puntuacións provisionais. A aspirante dispón de 3 días hábiles para a presentación de alegacións. Se non se presentasen alegacións as puntuacións provisionais serán definitivas.

Proceso selectivo lista de reserva profesor escola-conservatorio especialidade clarinete

12/09/2022

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 12/09/2022 se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal  en interinidade a tempo parcial (11 horas) ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo ( a mesma atopase dentro da oferta de estabilización do emprego temporal).

A aspirante requirida dispon do prazo de dous días hábiles para presentar a aceptación da contratación

AMPLIACIÓN LISTA DE RESERVA PARA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS PROFESORES PIANO

25/02/2022

Dado que co último chamamento a lista resulta insuficiente por renuncia ao chamamento de todos os aspirantes, se inicia novo proceso para unha segunda ampliación da lista de reserva, unha rematada a mesma se unificarán os aspirantes das dúas listas de xeito que os aspirantes desta lista manteñan a posición actual, de xeito que os aspirantes que pasaron o final da lista estará o final da lista unificada.

 

Páxinas