Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Teatro Municipal

Edificio Francisco Sánchez, Colón 2. 36.700 Tui |Pontevedra

986 60 36 25 ext. 30

 info@culturatui.info

www.culturatui.info

O Teatro Municipal de Tui está situado no edifico da Área Panorámica. Dende o ano 2003 converteuse no centro da actividade cultural en Tui cunha programación estable e de calidade que lle ten valido ocupar os primeiros postos en canto á media de espectadores dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Conta con 554 butacas.

Historia

O actual edificio da Área Panorámica, de estilo neogótico, onde se atopa o Teatro Municipal xurdiu coma un hospicio tras a fusión de dúas antigas institución da cidade: o hospital e a inclusa que acollía aos nenos desamparados. A primeira pedra foi colocada en xuño de 1902 e a construción foi rematada en 1923, tras diversas vicisitudes. Cómpre mencionar as doazóns realizadas por D. Félix Rodríguez González, posteriormente soterrado na capela do edificio, e actualmente na Sala que leva o seu nome.

O hospital foi de dominio militar durante a Guerra Civil cesando a súa actividade tras ser vendido polo bispo frade D. José López Ortiz. En 1950 o inmoble foi destinado a instituto e dende 1958 dedicouse completamente á ensinanza pasando polas súas aulas varias xeracións de tudenses ata 1991.

Tras a súa adquisición por parte da Xunta de Galicia e obras integrais de rehabilitación o edificio converteuse no eixo da actividade cultural en Tui acollendo amais do Teatro Municipal, a Biblioteca Municipal, a Sala de Exposicións, a Radio Municipal, a aula CeMIT, e sendo amais sede doutros colectivos.

 

Áreas: 
Cultura