Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xa funcionan os contedores soterrados da praza da Armada

12/09/2006

Xa funcionan os contedores soterrados da praza da Armada
Dende hai unhas xornadas xa están en funcionamento os contedores soterrados, para materia orgánica e para envases, instalados na praza da Armada, en Tui. Deste xeito elimínanse os contedores en superficie nunha zona tan sensible coma o conxunto histórico da cidade.
Esta nova instalación de contedores soterrados completa ás que xa funcionan na rúa Compostela e na rúa Foxo.