Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui contará cunha Aula de Ensino Superior a Distancia da UNED

19/03/2007

A CIDADE DE TUI CONTARÁ CUNHA AULA DE ENSINO SUPERIOR A DISTANCIA DA UNED
Así o ven de confirmar a Vicerrector de Centros Asociados da UNED na súa visita a Tui

O Vicerrector da Centros Asociados da Universidad Nacional a Distancia (UNED), José Luis Prieto Arroyo, realizou en días pasados unha visita ao Concello de Tui, acompañado polo responsable da zona Noroeste, Jorge Vega Núñez, sendo recibidos polo Alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernámdez Rocha, e polo concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez.
No decurso desta visita os representantes da UNED confirmaron que ao longo deste mes a Xunta Rectora do Centro Asociado de Pontevedra, á vista da solicitude presentada polo Concello de Tui, tralo acordo plenario unánime, autorizará a apertura desta Aula de Ensino a Distancia da Uned en Tui.
O Vicerrector realizou unha visita aos locales do edifico “Área Panorámica” que o Concello de Tui ofrece como sede deste Aula valorando moi positivamente estas instalacións tanto pola súa céntrica situación como pola súa alta calidade nos espazos. Cómpre agora abordar a adaptación dos mesmos ás necesidades desta Aula de Ensino a Distancia da Uned de cara a súa operatividade para o vindeiro curso 2007/2008.
Ainda que o nome oficial é “Aula de Ensino a Distancia” non é propiamente unha aula senón que, en esencia, é un espazo tecnolóxico que abrangue diversas instalacións: salón de actos, 3 ou 4 aulas de titorias presenciais, 1 ou 2 aulas de titoria a distancia con videoconferencia, espazo de videoteca e audioteca, aula de medios informáticos e un espazo para biblioteca.
Tanto o Vicerrector, José Luís Prieto Arroyo, como o Alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernández Rocha, congratuláronse pola apertura desta Aula na cidade de Tui. Para a Uned a a posta en marcha desta Aula en Tui contribuirá a espallar a súa oferta educativa tanto en ensino reglado (carreiras universitarias) coma non-reglado (cursos de especialización, cursos de postgrao, master, etc.) a novos sectores de poboación, amáis con este novo centro tudense xunto cos previstos en Lalín e Vilagarcía de Arousa, integrados co Centro Asociado de Pontevedra, cubrirán a totalidade da provincia de Pontevedra. Pola súa parte para o Concello de Tui a apertura deste centro facilitará o acceso dos veciños de Tui e a súa bisbarra á oferta de estudios universitarios e do curso de acceso para maiores de 25 anos, xunto a unha ampla oferta de actividades culturais e formativas que beneficiaran a toda a sociedade tudense. Para o Alcalde é un motivo de grande satisfacción acadar a implantación desta Aula de Ensino Superior a Distancia na nosa cidade pois posibilitará que moitos cidadáns tudenses, tanto mozos como doutras idades, poidan acceder a estudios superiores e completar a súa formación académica e profesional. Esta Aula suporá para o Concello tudense un importante investimento económico pero que resultará, sen dúbida, de grande rendabilidade para a nosa sociedade.