Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Saen a licitación as obras de apertura da rúa Ourense por importe de 314 mil euros

13/07/2018

O Concello de Tui sacou a licitación as obras de apertura da prolongación da rúa Ourense en sentido sur. O orzamento base de licitación ascende a 314.310,01 euros e o prazo de execución é de 4 catro meses.  As obras realizaranse conforme ao proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya en maio de 2016. As empresas interesadas teñen ata o 23 deste mes de xullo ás 23.59 h para presentar as súas ofertas. Os interesados ponde consultar o anuncio de licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O pasado mes xaneiro o Concello aboou o importe das indemnizacións, un total de 638.875,27€, aos tres propietarios dos inmobles e dous arrendatarios de locais comerciais afectados pola apertura da rúa, e se fixeron efectivas as actas de ocupación dos terreos.