Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Rematan as actividades infantís e o cinema e prosegue a X Semana Teatro Amador no venres das Festas de San Telmo

5/04/2018

Dentro da programación das festas de San Telmo mañá venres rematan as actividades para os máis pequenos que se veñen celebrando dende o luns. Os monitores de Chirlomirlo compartirán a mañá, de 11 a 13h, na Área Panorámica cos nenos que desexen participar en “A gran xincana”. Os cativos terán que descrifrar as claves que lles permitirán realizar un percorrido determinado polo circuíto de probas. Mentres dende ás 16h os monitores de En Un Tris Tras acompañarán aos nenos na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica na proxección de “La bella y la bestia”.

Por último ás 21h no Teatro Municipal de Tui ten lugar unha nova representación dentro da X Semana de Teatro Amador que está a contar con gran éxito de público.  Hoxe o grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “Descontrol hospital” de Román Sarmiento. Doce actores interpretan a traballadores e pacientes dun hospital inmerso nun total descontrol. A obra está dirixida por José Soares. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30h, ao prezo de 1,5€.

Programación Festas de San Telmo – Venres, 6 de abril

  • 11.00-13.00 h No edificio da , porta 12, actividades infantís - “A gran xincana” con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.​
  • 16.00 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “La Bella y la Bestia” con En Un Tris Tras - 120 min. *Entrada libre ata completar capacidade.
  • 21.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro San Fins de Rebordáns presenta “Descontrol hospital” – 80 min. Entrada 1,5 €.