Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reestruturada a zona de Secretaría para ofrecer un mellor servizo aos cidadáns

14/03/2018

Creouse un espazo máis aberto e sinalizáronse con carteis indicativos os trámites que se realizan en cada posto de traballo

A zona de Secretaría na planta baixa da Casa do Concello vén de ser reestruturada ofrecendo un entorno máis axeitado tanto para os traballadores coma para o público que acode a realizar calquera xestión.

Coa nova distribución, coa que se creou un espazo máis aberto, sinalizáronse con carteis indicativos os trámites que se realizan en cada posto de traballo, de tal xeito que o cidadá pode identificar claramente a quen dirixirse en función da xestión pola que acode até o concello.  

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que deste xeito amósase a aposta que fan polo “goberno aberto e a vocación de servizo aos cidadáns”.  Engade que “a nova distribución facilita o labor dos empregados incrementando a súa produtividade e tamén facilita o achegamento da cidadanía aos servizos públicos”.

A concelleira de Persoal, Mila González, sinala que a reestruturación levouse a cabo con medios propios e cun mínimo investimento referido á impresión dos carteis indicativos.