Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado inaugúrase unha exposición colectiva de artistas tudenses na Sala Municipal de Exposicións

4/04/2007

O SÁBADO INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN COLECTIVA DE ARTISTAS TUDENSES QUE ORGANIZA A CONCELLERIA DE CULTURA

O vindeiro sábado, 7 de abril, logo do acto solemne de coroación das raíñas das festas e da lectura do pregón das festas de San Telmo, procedérase á inauguración da exposición colectiva de artistas tudenses “ArTUIstas” que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Tui.

Nesta exposición participan un total de 28 artistas plásticos, naturais de Tui ou residentes na nosa localidade, que amosaran a potencialidade artística da nosa localidade. Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, resulta enormemente satisfactoria a resposta acadada entre os artistas, aos que desexa agradecer de xeito especial a súa xenerosa colaboración con esta iniciativa, pois todos teñen acollido con interese e simpatía a celebración desta mostra artística.

Nesta exposición poderemos contemplar dende obras de artistas de dilatada traxectoria como Silverio Rivas, Xosé Luis de Dios, Xulio García Rivas, Juan Valcarcel ou “Lis” xunto a mozos e mozas tudenses que están dando os seus primeiros pasos na produción artística.

Esta diversidade de estilos, de percorridos artísticos, de técnicas… é un dos atractivos desta exposición colectiva ao tempo que o seu principal risco, pero, como sinala o concelleiro Rodríguez Pérez, moitos tudenses quedaran sorprendidos pola capacidade de creación dos nosos paisanos.

Relación de artistas participantes:

Angel Torres García
Beatriz Lorenzo Álvarez – Betty
Cándida Cabaleiro
Encarna Martínez Diz
Ignacio Montes
José Luis Méndez - Lis
Juan Vázquez
Juan Valcarcel
Julio Esteban
Lúa Gándara
Manuel Alonso García
María Alejandra Rivera
María de los Angeles Velázquez – Nines Velásquez
Mila Alonso
Moise Dikkoff
Montserrat Rey
Nuria Buján Garrido
Quico Paz Antón
Rafael Calvo de Mora
Raimundo Martínez – Rai
Rita Bremen
Rosa María Vila
Silverio Rivas
Sonya Puertas
Suso Valiente
Xavier de Sousa
Xosé Luis de Dios
Xulio García Rivas