Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O pintor Giuseppe Rea presenta en Tui a súa obra baixo o título de “Los colores del alma”

1/03/2018

A mostra será inaugurada mañá venres, ás 19h, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica

Mañá venres, 2 de marzo, ás 19h, terá lugar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica, a inauguración da exposición “Los colores del alma” do pintor Giuseppe Rea.

A mostra está conformada por unha trintena de obras de pequeno e gran formato realizados ao óleo, nos que Giuseppe Rea escapa de todo formalismo académico, desafía ao espectador, para chegar á profundidade da alma humana.  De formación autodidacta a pintura deste artista, afincando dende hai 8 meses na parroquia tudense de Guillarei, está tinguida de existencialismo e humanidade.