Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O equipo de goberno reafirma o seu interese en que a aula da UNED continúe a súa actividade en Tui

16/04/2018
Aula da UNED

O Concello e a nova dirección do Centro Asociado de Pontevedra están a traballar para atopar unha solución estable

O equipo de goberno do concello de Tui, presidido por Carlos Vázquez Padín, reafirma o seu interese na continuidade da aula da UNED en Tui e sae ao paso do comunicado emitido polos catro grupos da oposición sobre a situación na aula da UNED.

Dende o Concello fanse as seguintes precisións:

  1. O Concello de Tui está interesado en que a Aula da UNED continúe  dando o seu servizo en Tui, en concreto o curso de aceso a maiores de 25  anos e o grado de Psicoloxía.
  2. É verdade que nos últimos meses e a pesar do esforzo, mesmo persoal  da concelleira, o funcionamento da UNED se viu afectado pola falta de conserxe, outra cousa é que esa falta sexa achacable ao concello de Tui, en moitas outras aulas da UNED en España son os padroados os encargados da contratación dos conserxes, en Tui a UNED di que non pode facelo por limitacións na taxa de reposición dos empregados públicos.
  3. É falso que o concello non sufrague o gasto que implica ese conserxe, a cantidade está consignada nos orzamentos, o problema non está non está no financiamento senón na contratación, tanto UNED como Concello de Tui encóntranse con obstáculos legais para realizar esa contratación, e ese é o único punto en cuestión, quen contrata? debe o concello contratar de forma manifestamente irregular, por non dicir ilegal, como no pasado?. O actual equipo de goberno cre que o Concello de Tui é unha institución tan digna de respecto como a propia UNED.
  4. O concello e a nova dirección da UNED en Pontevedra estamos traballando para encontrar unha solución estable ao actual problema que agardamos se poida concretar no inicio do vindeiro curso.