Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello designa ao Prior da Confraría de San Telmo, Ricardo García Fernández, como pregoeiro das festas

16/03/2007

O CONCELLO DE TUI DESIGNA AO PRIOR DA CONFRARÍA DE SAN TELMO, D. RICARDO GARCIA, COMO PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN TELMO
O Concelleiro de Cultura promoverá a concesión dunha distinción do Concello á Confraría

O Concello de Tui ten designado ao actual Prior da Confraría de San Telmo, o coengo Ricardo García Fernández, como pregoeiro das festas patronais de San Telmo 2007. A lectura do pregón e a coroación das raíñas terá lugar no Teatro Municipal tudense o vindeiro sábado 7 de abril.

Ricardo García Fernández naceu en Tui no ano 1929, na rúa San Telmo, ordenado presbítero no ano 1952, estudou na Universidade Gregoriana de Roma os estudios da Licenciatura en Historia da Igrexa. Tras unha breve etapa como formador no Seminario diocesano tudense, encetou no a súa actividade pastoral sendo nomeado párroco de Tui no ano 1962 continuando nesta labor ininterrompidamente ata ao ano 2005. Amais dende o ano 1973 é coengo da S.I. Catedral de Tui, sendo na actualidade o seu responsable. No ano 1976 foi nomeado Presidente da Confraría de San Telmo desenvolvendo dende esta responsabilidade, e na actualidade como Prior da mesma, un intenso traballo para a consolidación e extensión do culto a San Telmo tanto en Tui como en moitos outros lugares, impulsando numerosas actividades onde salienta de xeito especial o achegamento realizado dende esa Confraría á vila de Frómista, lugar de nacemento de Frai Pedro González Telmo, e localidade irmanada na actualidade coa cidade de Tui.

Esta intensa vinculación de D. Ricardo García Fernández coa figura de San Telmo é unha das principais razón que animaron ao goberno municipal a decidir o seu nomeamento como pregoeiro das festas patronais de Tui.

Amais o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, ten previsto promover nos órganos municipais correspondentes a concesión dunha distinción honorífica do Concello á Confraría de San Telmo, que cunha traxectoria secular tanto ten aportado na conservación da devoción ao patrón da nosa cidade. Testemuñar o recoñecemento do Concello ao traballo desenvolvido por esta Confraría resulta pois de xustiza. En consecuencia, en breve prazo esta proposta será tratada na Comisión de Honras e Distincións do Concello.