Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui solicita a Xestur información sobre as parcelas sen construír no Parque Empresarial de Areas

18/04/2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, dirixiuse nos últimos días a Xestur interesándose polo estado actual das parcelas sen construír do Polígono Industrial de Areas.

Dende o Concello remitiron un escrito a Xestur, coma promotores do parque empresarial,  logo de que a Asociación Empresarial do Polígono Industrial de Areas, puxera en coñecemento da alcaldía a súa inquedanza sobre as parcelas sen construír que existen no parque empresarial. Nese senso o alcalde, Carlos Vázquez Padín, salientou que dende o Concello comparten esta preocupación co colectivo empresarial indicando que “é fundamental poñer ese chan industrial a dispor de quen desexe crear unha empresa e xerar emprego” xa que considera que non ten sentido ter chan industrial bloqueado con máis de 1.400 desempregados no municipio.