O Club Piragüismo Penedo organiza a II Copa Galega de Slalom Olímpico

1/02/2018

Disputarase este domingo, domingo 4 de febreiro, no río Tea

O Club Piragüismo Penedo, que acadou a vitoria na Taça Ibérica de Slalom celebrada en Covas (Portugal), a pasada fin de semana, organizará e participará na II Copa Galega de Slalom Olímpico, que se disputará este domingo, 4 de febreiro, no río Tea, a seu paso por Alxén, Salvaterra do Miño.

Un centenar de padeeiros de todo o territorio galego participarán nesta proba organizada polo club Penedo en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo, e os concellos de Tui, Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño.