Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Centro de Atención aos afectados trasládase dende mañá ao Centro de Formación Municipal

25/05/2018

A partir de mañá sábado, 26 de maio, o centro de atención aos afectados pola explosión de material pirotécnico o pasado mércores, 23 de maio, no barrio da Torre en Paramos estará situado no Centro de Formación Municipal, na Gándara en Guillarei.  Neste punto continuarase a atender a todos os afectados por parte de traballadores sociais, psicólogos, persoal técnico... mañá sábado de 9 a 14h e de 16 a 20h e o domingo de 9 a 14h, e dende o luns de 9 a 14h e de 16 a 20h.