Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde reunirase o 5 de marzo coa directora do Festival de Arraianos

21/02/2018

O obxectivo é buscar unha comunicación fluída entre o concello e os promotores deste evento

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase o próximo 5 de marzo coa directora do Festival Arraianos, Andrea Costa, co obxectivo de establecer unha comunicación fluída entre o concello e os promotores deste evento medieval.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quere facer unha serie de matizacións con respecto as novas aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación.

Por banda sinala que o convite que se fixo ao promotores de Arraianos para facerse cargo da festa medieval do Pacto de Tui nunca se lles dixo que tería que ser unha colaboración gratuíta, senón que sería remunerada, pero que foi rexeitada.

Por outra parte Carlos Vázquez Padín sinala que “non é verdade que dixésemos que se suspendía a festa de forma obrigada” senón que a aposta do goberno é polo Pacto de Tui, precisando que "estariamos encantados en autorizar a festa”. Nese senso explica que “o inconveniente para o concello é financiar unha marca privada con diñeiro público”. Polo que quere deixar claro que dende o Concello nin se prohibe nin se cancela o festival Arraianos.