Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña 21 de abril, dia mundial da poesía, abre a exposición cos 60 caligramas presentados ao concurso convocado pola Biblioteca Municipal

19/03/2007

PRESENTADOS SESENTA CALIGRAMAS AO CONCURSO CONVOCADO POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI

Como altamente positiva pódese cualificar a resposta obtida pola convocatoria do Concurso de Caligramas que realizou a Biblioteca Pública Municipal de Tui, pois foron un total de 60 os caligramas presentados a esta convocatoria.

Para Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro de cultura do Concello de Tui, resulta moi satisfactorio comprobar como a convocatoria acadou unha alta resposta superando as expectativas da organización e con caligramas chegados dende as catro provincias galegas e mesmo dende outras localidades españolas como Madrid.

As obras participantes neste concurso, único desta temática que se convoca en Galicia, poderanse contemplar a partires do vindeiro martes, 20 de marzo – Día Mundial da Poesía- na Sala Municipal de Exposicións, no edificio “Área Panorámica”.

Está previsto que ao longo da vindeira semana o xurado faga público o seu fallo e os premios serán entregados na clausura desta mostra, que combina arte e literatura, o vindeiro día 23 de abril, día do libro.

O caligrama, ou tamén chamado poema visual, é un texto, a miúdo de carácter poético, no que se emprega a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema ou texto.