Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 10h preséntase o Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui

18/04/2018

Mañá xoves, 19 de abril, as 10h na sala de prensa, no primeiro andar da Área Panorámica, terá lugar a presentación da décimo cuarta edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, que se vai celebrar do xoves 26 de abril ao martes 1 de maio en Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín; o director da AGADIC da Xunta, Jacobo Sutil; o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal; Anxo Sánchez, codirector de Play-Doc, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego no festival.