Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Declaración institucional do pleno da corporación municipal de Tui

25/05/2018

Como testemuña da dor dos cidadáns do Concello de Tui, ante os acontecementos acaecidos na parroquia de Paramos, o pasado día 23 de maio de 2018, e recollendo o sentir desta Corporación polas vítimas e graves perdas sufridas.

Elévase ao Pleno desta corporación a seguinte declaración institucional, que foi consensuada en Xunta de Portavoces, celebrada no día de onte, formulándose a seguinte proposta de acordo:

Primeiro.-Manifestar o apoio total e unánime desta Corporación cos veciños afectados por esta catástrofe, comprometéndose a prestar toda a axuda necesaria para superar estes difíciles momentos e entre todos tentar que os afectados poidan reconstruír as súas vidas.

Segundo.-Expresar o mais profundo e sincero agradecemento da Corporación Municipal a todas aquelas persoas que de xeito totalmente altruista se teñen volcado cos veciños de Paramos. Agradecer a excepcional labor realizada polos servizos de emerxencia, persoal sanitario, protección civil, forzas e corpos de seguridade e empregados municipais. Agradecer así mesmo todo o apoio recibido das distintas administracións públicas (Concellos, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e Goberno Central) como tamén dos veciños, persoal e autoridades portuguesas.

Terceiro.-Expresar o mais sentido pésame e condolencias dos membros desta Corporación coas familias dos falecidos e con todos os feridos e afectados por esta traxedia, en nome de tódolos veciños e veciñas de Tui.

Cuarto.- Solicitar das distintas institucións as axudas ou subvencións en atención ás necesidades derivadas desta situación de emerxencia de natureza catastrófica para poder realizar tódalas tarefas necesarias para unha pronta restauración e retorno á normalidade.