Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Contos do camiño, sesión de contacontos para escolares organizadas polo Xacobeo

18/04/2007

“OS CONTOS DO CAMIÑO” SESIÓN DE CONTACONTOS PARA ESCOLARES EN TUI ORGANIZADAS POLO XACOBEO A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellería de Industria e Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Editorial OQO organiza unhas sesións de conta-contos para escolares denominada “Os contos do camiño” que chegan á cidade de Tui entre hoxe, mércores 18 de abril, e o vindeiro venres, 20 de abril. Nestas sesións de conta-contos participarán alumnos dos diversos niveis escolares dos centros de ensino da nosa cidade que deste xeito lúdico achegaranse á realidade do camiño de peregrinación xacobeo, onde a cidade de Tui posúe un importante papel como primeira cidade galega do chamado camiño portugués de peregrinación. Estas actividades teñen lugar do edificio “Área Panorámica” de Tui e contan coa colaboración da Concellería de Cultura do concello tudense. Para o responsable deste Concellería, Moisés Rodríguez Pérez, é unha satisfacción e un acerto que o Xacobeo organice estas actividades de animación dirixidas aos rapaces para achegalos ao coñecemento e valorización deste elemento singular do noso patrimonio cultural, como é o Camiño de Santiago.