Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Cayetano Lledó presenta este sábado no Teatro Municipal de Tui "Sherlock Holmes"

1/03/2018

O espectáculo comezará ás 19h dirixido a público familiar a partir dos 5 anos

Maxia, humor, comedia…é a proposta que da man do mago Cayetano Lledó chega este sábado, 3 de marzo, ás 19h ao Teatro Municipal de Tui no espectáculo "Sherlock Holmes".

Cayetano Lledó, é produtor, distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación que basea as súas obras na comedia e na maxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo. Na actualidade preside a Asociación de Magos Profesionais de Galicia (MPG).

O afamado detective resolverá o caso do roubo das xoias da Mansión dos Patterson. Todos, dende a baronesa até o mordomo, son sospeitosos, incluso podería ser que alguén do público puidera ser o responsable desta importante desaparición. 

O espectáculo vai dirixido a público familiar, recomendado a partir dos 5 anos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes. Prezos: 4€ e 3€.