App Municipal

Toda a información do municipio máis preto grazas á App Oficial do Concello de Tui. No seu teléfono móbil ou tableta poderá consultar as noticias locais, axenda cultural e deportiva, rueiro con mapa e xeolocalizador, teléfonos de interese, horario de transporte,... Amais reciba as notificacións de avisos e eventos.

Funcionalidades:

  • Noticias: Todas as novas nun click no seu dispositivo móbil, doadas de compartir en redes sociais
  • Mapas:  grazas ao xeolocalizador pódese atopar de xeito doado a farmacia máis próxima, o polideportivo, biblioteca.... Un compás facilita a orientación no mapa.
  • Directorio: Os teléfonos de interese dos servizos de emerxencias, cultura, ... con chamada directa nun clic.
  • Autobús: Consulta o horario da liña de autobuses en función do destino, con horairo de saída e de chegada.
  • Calendario:  Todos os eventos que se celebran no municipio no calendario.
  • Galería: Fotografías e vídeos do municipio de Tui.
  • Información Turística:  Accesible en tres idiomas a información turística do municipio: a historia, qué visitar...
  • Alertas (Avisos e calendario): Notificacións en tempo real do municipio.  

Ligazóns de descarga: