Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Información de Interese

Centro de Afectados

Centro Municipal de Formación 

986 60 39 49

 afectadostui@concellotui.org

De luns a venres de 9 a 14h,. Martes e xoves de 16 a 20h. 

Experto en seguros

Os martes e xoves, de 16 a 20h, un avogado experto en seguros asesorá aos afectados no Centro de Afectados. É preciso que os afectados leven a póliza do seu seguro

Listaxe de empresas construtoras e técnicos

No Centro de Afectados esta a elaborar unha listaxe con técnicos e empresas interesadas en realizar os labores de reconstrución e rehabilitación das edificación danadas pola explosión do pasado 23 de maio. As empresas interesadas en figurar na listaxe deben enviar un correo a urbanismo.afectados@concellotui.org onde figure o nome da empresa, persoa de contacto, enderezo, teléfono e correo electrónico, así coma unha pequena descrición dos traballos que realizan. A listaxe completa, que se irá actualizando diariamente, será facilitada aos afectados que o soliciten.

Por outra parte dende a xerencia urbanística da catástrofe solicitouse aos colexios oficiais de arquitectos e arquitectos técnicos unha listaxe dos seus colexiados interesados en realizar as memorias valoradas que precisan os afectados para a solicitude das subvencións. A relación destes técnicos será tamén proporcionada aos afectados que a soliciten.

Rexistro de Entrada

O rexistro de entrada da casa do concello de Tui abre de luns a venres no seu horario ordinario de 9 a 14h, e de forma extraordinaria polas tardes (entrada pola rúa Párroco Rodríguez Vázquez), de 16 a 18.30h para que os afectados pola explosión de Paramos poidan presentar por rexistro as Comunicacións Previas. 

Conta solidaria

O número da conta solidaria cos afectados de Paramos e Guillarei aberta en ABANCA, a nome  da Asociación de Afectados, o ES80 2080 5066 7330 4003 5840.

 

 

Áreas: 
Paramos