Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Festas de San Telmo 2018

Tui celebra do 31 de marzo ao 9 de abril as festas patronais na honra a San Pedro González Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego. Ao longo dez días sucéndese eventos culturais, sociais, deportivos, gastronómicos... que cambian o ritmo diario da cidade para gozar da ampla programación prevista.

As festas na honra a San Telmo contan cunha longa tradición, e das mesmas disfrutan cada ano miles de persoas, tanto os tudenses, coma moitos que nestas datas se achegan até a cidade co gallo deste festexos. San Telmo é o patrón de Tui, da diocese e dos homes do mar.